Pautas de autocoidado

Analizando a situación actual… Estamos ante unha situación de estrés intenso

A situación de alarma sanitaria é una situación que se está alongando no tempo e non temos á vista un horizonte claro de cando vai rematar isto.

Sempre buscamos un punto de vista “dende fóra”, tendemos a externalizar para poder ver a situación dende outra perspectiva. Pero nesta ocasión non hai un “fóra”, Nesta situación estamos todas as persoas afectadas.

Actualmente non temos medios realmente eficaces para combater a COVID-19 (medicación específica, vacinas, etc.), o que supón una vivencia da situación para a poboación de estrésmedio-alto.

Todas as emocións que nos xorden nesta situación ,como pode ser o medo ou a ansiedade, vívense agora en situación de confinamento. Pero sabemos tamén que cando non haxa confinamento estaremos nunha nova situación que nunca antes se nos dera, o cal pode implicar un maior estrés.

Durante estes días, poñemos en valor o traballo de diferentes profesionais, entre eles o persoal sanitario, as persoas que traballan nos supermercados, nas residencias, servizos sociais, atención a domicilio,froiterías, transportes, farmacias ou bancos.

A parte do estrés que poden sufrir por desenvolver o seu traballo, os cambios nas quendas, a responsabilidade de non contaxiar ou non ser contaxiada, etc., súmanse os estresores da vida normal, eses estresores cos que non contamos, como pode ser pinchar unha roda do coche, perder as chaves da casa, sufrir un accidente, etc. A combinación de varias situacións críticas pode afectarnos e levarnos a estar máis irritables, enfadadas, inseguras, etc. Digamos que a nosa “fiestra da tolerancia” faise máis estreita.

As nosas emocións son como unha especie de brúxula que nos orienta, dannos unha mensaxe da realidade que nos rodea.

 

Cando as persoas séntense inseguras, a vinculación social faise máis difícil. En que se traduce isto? Non valoramos as manifestacións afectivas cara a nós e difícilmente somos capaces de facer manifestacións afectivas cara as demais persoas. O noso rendemento intelectual tamén vese afectado o que nos dificulta a capacidade de aprender (de atender, de explicar, etc), sobre todo canto maior é o estrés. Cando se nos presente un problema teremos máis dificultades para darlle unha resposta efectiva. Ven sendo a tradución da expresión  “cando temos medo non pensamos con claridade”.

Perécenos importante resaltar que o noso espazo de seguridade restrínxese, e nalgúns casos, de forma severa (sobre todo nas persoas que están máis expostas, como o persoal sanitario).

“Dende Lenda seguimos insistindo en que é un bo momento para traballar a EMPATÍA”

Ante esta situación tamén somos conscientes de que existen as experiencias positivas, que somos capaces de atopar formas máis ou menos creativas de afrontamento e resiliencia. Fronte  as crises as persoas poden experimentar a satisfacción de axudar a outras, establécense novos vínculos coas nosas veciñas e veciños, estase a conectar coa nosa comunidade dunha maneira diferente, incluíndo o manter o contacto con persoas que están máis illadas, viven soas ou non teñen familia.

Porque para o bo e para o malo, esta situación aféctanos a todas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta