Feiras

Gran parte da nosa ocupación diaria no Centro Ocupacional realízase nos obradoiros de encadernacións, tarxetería, lá enfeltrada, chapas, impresión téxtil…, polo que as Feiras convértense no noso mellor escaparate, onde os nosos produtos adquiren un valor e axúdannos a fomentan a integración social, a autonomía, e reforzan a confianza e a seguridade nas nosas capacidades.

Facemos anualmente dúas feiras en Redondela, unha coincidindo co Festival Internacional de Títeres e outra no Mercadiño de Nadal.

No propio centro temos unha pequena exposición da nosa artesanía, no que calquera persoa interesada pode pasar durante o noso horario de traballo.