Coñécenos

Como nos organizamos?

XUNTA DIRECTIVA

Presidenta:
Olga Rodríguez Puga

Vicepresidente:
Marta Bouzón Couñago

Secretaria:
Elena Couñago Sánchez

Tesoureiro:
José Jaime Figueroa Cerdeira

Vogais:

Rubén Darío Pintos Rodríguez

Eduardo José Reguera Ocampo

Mar Orge Amoedo

Fernando Santos Gómez

María del Puerto Figueroa Fernández

María Cristina Martín Fragueiro

Miguel Enrique Rodríguez Méndez

Carmen Varela Trigo

Historia

Fomos o resultado dunha necesidade, nacemos porque sen remedio eramos necesarios, porque unicamente as persoas afectadas, as súas familias e os máis achegados, coñecíamos a situación de absoluta precariedade que sufrían as persoas con enfermidade mental e a inmensa marxinación dos doentes dentro e fóra dos circuitos asistenciais da época.

Corre o 1994, dúas persoas concienciadas e formadas, Pilar e Esperanza, acompañadas de Jaime, Paqui e Camino, fundan a Cooperativa de Traballo Asociado Lenda, sendo esta o motor inicial do que hoxe é a Asociación de Saúde Mental Lenda.

Desde aquela ata agora, trazamos os fundamentos básicos da nosa actuación asistencial; proximidade humana, distancia terapéutica, solidariedade cos doentes, aceptación do seu carácter individual, integración e traballo en e para o grupo, sentido do humor e respecto aos demais.

Foron necesarias grandes doses de paciencia para superar as épocas difíciles nas que perigou o proxecto asistencial de Lenda. Partimos do traballo en precario, da precariedade económica, da precariedade asistencial, por iso valoramos especialmente o punto no que agora nos atopamos, como entidade consolidada e respectada dentro da atención as persoas con enfermidade mental.

Formamos parte, e fomos socios fundadores, da Federación Galega de Asociación de Familiares e Enfermos Mentais, hoxe FEAFES Galicia Saúde Mental, e cos nosos socios estamos a percorrer este interminable camiño Asistencial, facéndonos cargo, como no ano 1994, da atención as persoas con Enfermidade Mental, porque igual que no 1994, a precariedade asistencial dende os sistemas públicos de Saúde, con respecto as persoas con enfermidade mental, perece ser definitivamente endémica.

Sede benvidos á nosa historia porque benvidos seredes o noso futuro.

EQUIPO TÉCNICO

Director Centro Rehabilitación:
Fernando Bastos Pérez
Psicólogo Especialista en Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Enfermos Mentais Crónicos

Directora Centro Ocupacional Lenda:
Mª del Carmen Álvarez Couñago
Psicóloga / Terapeuta Familiar

Jaime Figueroa Cerdeira (Auxiliar Clínica)
Pilar Pérez López (Técnico Especialista en Educación Especial)
Joaquín Fernández Vidal (Técnico Especialista en Educación Especial, Auxiliar Clínica)
Felícitas Mayán Mato (Educadora Social)
Carmen Varela Trigo (Profesora de Taller)

Que facemos?

Na Asociación Lenda de Saúde Mental traballamos para tentar mellorar a saúde mental da nosa contorna.

Para desenvolver estas melloras traballamos en distintos ámbitos:

      • •   Prestamos atención, asesoramento e información aos enfermos e familiares.
      •    Loitamos polos seus dereitos e as oportunidades das persoas con enfermidade mental e os seus familiares.
      •    Realizamos labores de sensibilización, promovendo a saúde mental e loitando contra o estigma que sofren as persoas con enfermidade mental.
      •    Traballamos para aumentar as posibilidades de inserción laboral do colectivo.
      •    Programamos actividades de ocio, entre as que se inclúen obradoiros, excursións, viaxes e deportes.
      •    Traballamos pola participación e o empoderamento das persoas con enfermidade mental.
      • •   Participamos activamente en festas, feiras, actividades da nosa contorna.