ALFABETIC

ALFABETIC. INVESTIMENTO EN EQUIPAMENTO TIC PARA PERSOAS CON TRASTORNO MENTAL GRAVE.

No marco europeo, a UE vén establecendo diferentes compromisos de expansión das TIC desde o ano 1999 ata culminar co “Itinerario cara a Década Dixital” con metas y obxectivos concretos para 2030, que propón explotar ao máximo as TIC mediante diferentes formas de crecemento, entre elas, un crecemento integrador no que se inclúa o obxectivo de lograr unha cohesión social garantindo o dereito fundamental das persoas que sofren exclusión social a vivir con dignidade e desempeñar un papel activo na sociedade, para logralo marcase un obxectivo de que o 80% da poboación ten que adquirir competencias dixitais básicas.

Este é o caso das persoas con TMG (Trastorno Mental Grave) que acuden a ao Centro de Rehabilitación Psicosocial Lenda. A competencia dixital en persoas con enfermidade mental é moi escasa por diferentes problemáticas: A falta de recursos económicos para facerse con equipamentos tecnolóxicos por parte dos e das pacientes da Asociación, a falta de accesibilidade os recursos Tics comunitarios e a cero-dixitalización, que lles priva do seu uso. Cabe mencionar que coa pandemia por Covid-19 en 2020 estas problemáticas acrecentáronse, a área de saúde mental instou as Asociacións a continuar a atención por medios telemáticos e telefónicos, e así nos atopamos cun problema que, aínda que coñecido, como mencionamos con anterioridade supuxo unha barreira no desenvolvemento da rehabilitación psicosocial: a dificultade de acceso a medios telemáticos por parte dos nosos pacientes, e a escasa competencia para o seu correcto uso; un problema de maior calado no caso de pacientes con domicilio en zonas rurais e con nivel socioeconómico baixo ou medio baixo (89% dos pacientes atendidos).

Os profesionais da intervención psicosocial apoiamos e facilitamos procesos de empoderamento, inclusión e participación social nos colectivos desfavorecidos e vulnerables obxecto da súa intervención ao mesmo tempo que observamos como a rápida expansión das TIC vai aumentando a súa exclusión dixital e creando unha nova demanda de atención social: unha alfabetización dixital e informacional crítica que ensine as vantaxes comunicativas,  e participativas da internet así como a súa non neutralidade e riscos.

Así pois, dende Lenda nos concederon ao abeiro da

ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoasfísicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código deprocedemento BS623D) o proxecto Alfabetic de investimento para adquisición de tabletas dixitais e formación en competencias dixitais básicas para persoas con trastorno mental grave. 

Este proxecto ten como obxectivo reducir a fenda dixital entre as persoas con Trastorno Mental Grave usuarias dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, Centro Ocupacional e programas da Asociación Lenda.

 

Cómo o imos facer?

Para desenvolver este proxecto dúas Educadoras Sociais formáronse en competencias dixitais a través de un programa da Fundación Atenea E-Impulsarnos para a tutorizar e impartir a formación neste ámbito.

Durante 3 horas semanais levaremos a cabo unha formación en competencias dixitais en pequenos grupos. Así mesmo, o carácter transversal de Alfabetic levará a utilización das tabletas a outras actividades implantadas no noso día a día como: xogos de adestramento cerebral e rehabilitación cognitiva. Outra parte importante de este proxecto é o préstamo de tabletas para aquelas persoas usuarias da Asociación Lenda que queiran utilizalas nos seus domicilios baixo uns requisitos de préstamo.

Deixa unha resposta