Presentamos a memoria de actividades da Asociación Lenda

No ano 2023 atendemos a  un total de 410 persoas nos diferentes programas, nos que se realizaron máis de 3000 intervencións de diferente tipo atendendo ao programa no que se levaron a cabo.

Nos nosos centros leváronse a cabo actividades encamiñadas á rehabilitación e recuperación en saúde mental. Terapias clásicas como a psicoeducación, actividades relacionadas coa promoción da autonomía, a conexión coa comunidade, a estimulación cognitiva o deporte e a xestión  do tempo de lecer.

Como novidade, este ano demos comezo á actividade de petanca coas mulleres, ou a  inclusión das novas tecnoloxías, como informática ou obradoiro de “stop motion”. Presentamos un novo número da nosa revista “A Voz de Lenda”  e traballamos arreo nos talleres de restauración de moble antigo, recollida de tapóns e nos obradoiros do centro ocupacional.

Traballamos tamén coas familias, en sesións presenciais de forma individual e grupal, continuando cos grupos de Zentangle e Escola de Familias.

Levamos a cabo unha atención integral centrada na persoa nos centros e no seu domicilio, atendendo ás areas da súa vida nas que se valora, de forma conxunta,  o tipo de apoios que necesitan, a través de programas como APOIO, ASORPA ou EMOCIONA.

Seguimos atendendo no centro penal de A Lama ás persoas que teñen unha enfermidade mental no programa PAIEM e realizando o seu seguimento a través do programa Incorpora.

Fomentamos o respiro familiar e un ocio e tempo de lecer saudable, a través das actividades dos centros e do programa de Ocio, Benestar e Respiro.

O noso traballo viuse reforzado coa contratación dunha educadora social e unha traballadora social a través do programas de cooperación da Xunta de Galicia e coa implementación da aplicación subvencionada co Kitt Dixital.

2024 vai ser un ano máis tecnolóxico, grazas ao financiamento dos programas de investimento de IRPF, manteremos a nosa liña de traballo, sempre orientada á mellora da atención ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias, facendo tamén un traballo de sensibilización na nosa comunidade.

Memoria Asociación Lenda

Deixa unha resposta