A Asociación Lenda de Saúde Mental cumpre 25 anos (1995-2020) e celebrámolo xerando novos proxectos e abrindo novos camiños.
Estamos a realizar desde xuño de 2020 un taller de Innovación en Rehabilitación. Trátase dun taller de Terapia Ocupacional e Pintura Mural onde se fusiona a estimulación e rehabilitación psicosocial coa arte mural. Acompañounos neste proxecto creativo a Terapeuta ocupacional María Romero.
Todas e todos os que participamos experimentamos o rol de Artista.
Seguimos paso a paso un proceso creativo, igual que o que segue calquera artista; a ideación dunha obra artística, a execución da obra e a súa difusión pública.
O traballo de ideación das obras foi moi interesante, puidemos buscar dentro de nós mesm@s os nosos intereses e inquedanzas e compartilas cos nos@s compañeir@s.
Escoitamos as opinións e ideas d@s demais e escollemos unha idea entre todas as propostas presentadas. Traballamos e atopamos un criterio común significativo para tod@s.
Este criterio común ás 4 pinturas murais é a cultura e arte galego.
Buscamos e escollemos imaxes de pintores galegos, como Lodeiro, Lugrís e Granell. Para incluír todas as opinións, fixemos unha nova versión e modificamos as obras destes autores. A partir da adaptación dalgúns elementos das obras, como a cor, o debuxo, engadir ou quitar elementos ou fusionar elementos de varias imaxes.
Tamén adaptamos unha imaxe para realizar nas novas instalacións de Servizos Sociais do Concello de Redondela, para darlle unha maior significación. Como o centro está situado na antiga fábrica de Regojo, decidimos que debíamos ilustrar a mulleres na obra que representase o traballo e historia das mulleres de Redondela.
Foi un proceso moi enriquecedor e profundo, onde aprendemos a buscar dentro de nós mesm@s, a practicar a escoita activa d@ outr@, poder chegar a pactos e acordos, darnos conta de que podemos máis do que cremos, facer algo que moit@s non realizaramos antes. Aprendemos técnicas de debuxo, pintura, cor e composición.
Experimentamos e superamos un reto, enchemos de motivación, ilusión, compañeirismo as paredes pintadas, xa que tanto os hábitos de traballo, como de relación grupal foron extraordinarios. Cada unha das persoas que participamos de Lenda fomos un exemplo de profesionalidade, compañeirismo e creatividade.
Os murais
Título: “O descubrimento do futuro”
O primeiro mural que fixemos está no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral Lenda e é unha versión dunha pintura de LODEIRO.
Xosé Telmo Lodeiro Fernandez foi un pintor galego nado en Vigo o 21/10/1930 e finado en Vigo o 30/09/1996.
Título: ” As cores do futuro”
O segundo mural está situado no Centro Ocupacional Lenda e é unha versión dunha pintura de Urbano Lugrís.
Urbano Lugrís González foi un pintor galego, nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973.
Título: “Mulleres, Tecendo esperanza e futuro”
O terceiro mural están a pintado no Centro de Servizos Sociais de Redondela e é unha versión dunha pintura de M. Granell .
Mario Fernández Granell foi un pintor e poeta galego, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991
Estamos a piques de comezar un cuarto mural no Multiusos da Xunqueira de Redondela e é unha versión dunha pintura de U. Lugrís.
Un espazo para a nosa reflexión
Por que escollemos a cultura galega como tema principal de todas as pinturas murais?
“Porque é algo que nos representa e nos infunde valores e costumes que nos levan ás nosas raíces profundas” J
“Temos tradicións propias que non poden caer no esquecemento e menos nestes momentos tan difíciles nos que a enfermidade do COVID-19 paralizou moitos actos culturais. A nosa cultura e valores axúdannos a tirar para adiante” A.D
“En xeral non se lle presta nin dá valor á nosa cultura e é a nosa misión darlle voz. Hai moitas festas e accións culturais que se están perdendo e é importante que lle deamos auxe” P. B.
“Porque somos galeg@s e @s galeg@s somos mundiais” J.
“E @s galeg@s unid@s xamais seremos vencid@s” P. B.
Que consellos lle dariades a outras persoas tras este proceso?
“Que investiguen o pasado para entender e valorar o seu presente” J.
“Que traten de facer amigos e compartir a cultura galega“ A.D.
“Nesta época de pandemia han de buscar outras saídas para seguir sementando valores e cultura” J.
Ha sido un honor y placer ofrecer y acompañaros en este proyecto. Gracias por vuestro ejemplo de superación, flexibilidad y humanidad! María Romero
Enhorabuena por este proyecto,arte e historia se fusionan en vuestras manos. Un abrazo fuerte