Paremos as contencións mecánicas

Organizacións de enfermos, familiares, enfermería e psiquiatría esixen o cesamento no estado español do uso das contencións mecánicas que a OMS considera contrarias aos dereitos das persoas.

Podedes ver a reportaxe enteira na seguinte ligazón.

Un informe do Relator Especial da ONU ante o Consello de Dereitos Humanos presentado o pasado ano pediu “reducir radicalmente o uso da coacción, a medicación excesiva, de todas as formas de discriminación contra as persoas con problemas de saúde mental”.

Un gran número de organizacións en España como a Confederación de Saúde Mental, que representa a 300 entidades con máis de 47.000 persoas, a Asociación Española de Neuropsiquiatría ou a Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental viron nese informe un recoñecemento á súa reivindicación do fin das contencións mecánicas que se practican con estes enfermos en centros sanitarios do noso país.

O que debería de ser unha excepcionalidade, un recurso para casos extremos cando xa non queda outra forma de conter a un paciente en situación de grave crise, converteuse nunha normalidade propiciada pola falta de recursos humanos e materiais para a atención de pacientes con trastornos mentais.

“Somos o parente pobre da saúde. E a saúde mental debería ser unha prioridade na axenda política”

A ausencia dunha lexislación estatal xeneral neste campo non axudou a mellorar a situación. En maio de 2017 aprobouse na Comisión de Sanidade do Congreso unha proposición non de lei na que se instou ao Goberno para solicitar a todos os centros de atención de saúde mental ou de persoas maiores a levar un rexistro dos pacientes con suxeición mecánica e detallar o motivo da contención, así como a implantar un programa para a progresiva eliminación desta práctica en todas as comunidades autónomas. En varios parlamentos rexionais tamén se aprobaron propostas para regular ou reducir o uso da contención mecánica, pero a día de hoxe segue sen haber unha normativa de rango nacional que lles puxera coto.

O predominio actual da visión biomédica, baseada fundamentalmente na administración de fármacos e nunha relación asimétrica entre profesional e usuario, favorece o uso das contencións mecánicas. Non só fai falta un desenvolvemento lexislativo, normativo, que limite ao máximo o uso destas contencións, senón tamén un cambio cultural, que requirirá máis tempo, no modo de enfocar a atención dos pacientes con enfermidades mentais. Implicaría unha mellor formación dos profesionais para que aprendan a facer fronte a situacións de crises sen necesidade de chegar á suxeición, unha maior dotación de persoal en número e en especialización, unha adaptación dos espazos de hospitalización para facelos máis acolledores e unha maior participación dos usuarios no seu tratamento.

“O uso dos métodos coercitivos acaban provocando no paciente unha perda de confianza no sistema de saúde que o atende, secuelas traumáticas que poden agravar a súa enfermidade e, nalgúns casos, ata a morte”

A Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental elaborou un manifesto de “Tolerancia cero coas contencións mecánicas” no cal afirma que moitos profesionais comezaron a negarse a utilizar unha técnica que consideran pode supoñer unha violación dos dereitos humanos, aínda que o seu fin sexa aumentar a seguridade. A Asociación busca mo seu manifesto un horizonte libre de coerción cara aos colectivos de especial vulnerabilidade; non só no ámbito da saúde mental, senón tamén en calquera outro que empregue este tipo de práctica (xeriatría, coidados intensivos, plantas de hospitalización médicas e cirúrxicas…).

Podedes ver o posicionamento no seguinte enlace.

Unha resposta a “Paremos as contencións mecánicas”

  1. Traballe 3 anos nunha unidade de agudos en saúde mental nun Hospital provincial, la contención mecánica formaba parte do protocolo diario como algo normalizado. És moito más efectivo contratar Psicològ@s e Terapeutas Ocupacionales que acompañen a construir ese mundo interno roto por la enfermedade. Stop a la normalización do sufrimiento. Stop contencions mecanicas ya! Sí a la estimulación con conciencia, respeto e cariño do ser humano!

Deixa unha resposta