Non sabemos con certeza cales van a ser as consecuencias emocionais e sobre a nosa saúde mental derivadas da situación actual que estamos a vivir. Unha das preocupacións que rolda na nosa cabeza é como están a vivir as crianzas e adolescentes o confinamento.
Convivir coa incerteza
Continuamente e tinxido de moito positivismo estamos a recibir propostas para pasar este tempo o mellor posible, mensaxes de que “todo vai saír ben”, etc. Ese é o desexo que todas e todos temos, pero a incerteza acompaña en cada conversa que as persoas adultas temos.
Nas redes sociais, a través dos colexios, a través de diferentes centros de psicopedagoxía ou de Asociacións descubrimos orixinais iniciativas, como esta na que nos falan no xornal sobre o Reto Corónate, un reto onde teñen en conta o coidado da saúde mental infanto-xuvenil.
Podedes lelo no seguinte enlace:
Polo momento sabemos o que estamos a sentir e como cada unha de nós estamos a vivir (ou sobrevivir) esta pandemia.
Como as persoas adultas, as crianzas e adolescentes poden manifestar sufrimento psicolóxico como consecuencia desta situación. Moitas veces este sufrimento é similar á das persoas que viven “privadas de liberdade”. Tradúcese en ansiedade, irritabilidade, sentir emocións negativas como a tristeza por non ver aos seus iguais e compartir espazos con eles, ter gañas de chorar, aumento de discusións e enfados na familia, dificultades para conciliar o sono ou pesadelos, medos que antes non tiñan presentes (como o medo a morrer ou poñerse enfermos), etc. Pero tamén poden xurdir sentimentos de solidaridade, de empatía coas diferentes situacións sociais que nos rodean, de cohesión familiar, etc.
Está claro que nestas últimas semanas a vida cambiou para todas e todos. Paremos un momento e valoremos en que sentido…
A maneira de relacionarnos cambiou forzosamente. A tecnoloxía axuda a manternos conectad@s pero a comunicación solo a través desta canle a longo prazo tamén dificulta unha comunicación efectiva e afectiva.
Deixámosvos ademáis o “Decálogo de pantallas en confinamento” un documento de obrigada lectura para nais, pais e titor@s sobre o uso das redes sociais.
Dende o Colexio de Psicoloxía de Galicia tamén nos informan dunha serie de Recomendacións para Adolescentes Confinad@s.