Unha análise de resultados 2025

A prevención do suicidio é unha labor complexa que esixe tempo, presenza continuada e vínculos sólidos coa comunidade. Non pode abordarse de maneira improvisada nin limitarse a actuacións illadas, senón que require planificación, seguimento e un compromiso sostido ao longo do tempo.TREBA PROXECTO VITAL xorde precisamente con esta vocación de continuidade, dando seguimento ao proxecto […]

Convocatoria de Eleccións á Xunta Directiva da Asociación Lenda de Saúde Mental.

Unha vez rematado o prazo de vixencia dos cargos da actual Xunta Directiva da Asociación Lenda de Saúde Mental, ábrese un novo período electoral para que todas as persoas socias da entidade interesadas, poidan presentar a súa candidatura á Xunta Directiva. As datas a ter en conta son as seguintes: – Publicidade do procedemento: 13-02-2026. […]

PROXECTO URDIDEIRA II

Análise de resultados 2025 O programa URDIDEIRA II ten como finalidade ofrecer unha intervención integral, especializada e de base comunitaria dirixida a persoas con diagnóstico de trastorno de personalidade (TP). A intervención aborda as súas necesidades dende unha perspectiva psicosocial, individualizada e en rede, poñendo o foco tanto na persoa como na súa contorna. Dende […]

A Deputación de Pontevedra financia o Obradoiro de Produtos Artesanais do 2025

Durante todo o 2025, no Centro Ocupacional, estivemos a levar a cabo un obradoiro de produtos artesanais. Este obradoiro, que ten por obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico de saúde mental a través de actividades orientadas á adquisición de habilidades e rutinas prelaborais, foi financiaco pola Deputación de Pontevedra a través da subvención […]

II Concurso Relato Curto e poesía. PAIEM. A escrita como espazo de liberdade: saúde mental e creación literaria no cárcere

Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental, dende a Asociación Lenda de Saúde Mental celebramos unha nova edición do noso concurso literario de relato curto e poesía, unha iniciativa que une literatura e benestar emocional. A través das palabras, as persoas participantes déronlle voz ás súas vivencias, reflexións e emocións, amosando o valor […]

I Concurso de Relato Curto e Poesía Xuvenil

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, Asociación Lenda Saúde Mental lanza o I Concurso de Relato Curto e Poesía Xuvenil, dirixido exclusivamente ao alumnado dos centros de educación secundaria do Concello de Redondela. O obxectivo deste certame é dar voz ás experiencias, reflexións ou pensamentos das persoas máis novas sobre saúde mental, promovendo […]

Manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental 2025

“Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental” Nós, persoas usuarias da Asociación Lenda de Saúde Mental, xuntámonos hoxe para facer oír a nosa voz no Día Mundial da Saúde Mental. Falamos dende a experiencia, dende o que vivimos cada día, e dende a convicción de que todas e todos somos vulnerables dalgún modo. A vulnerabilidade […]

Programa Urdideira II

Un programa para a intervención integral con persoas con trastorno de personalidade, as súas familias e persoas achegadas O Programa Urdideira II nace coa vontade de dar continuidade ao traballo iniciado coa primeira edición do Programa Urdideira, desenvolvido pola Asociación Lenda Saúde Mental durante o ano 2024. O programa tivo como finalidade ofrecer unha intervención […]

Programa Treba Proxecto Vital. Prevención do suicidio e posvención.

No ano 2023, a área sanitaria de Vigo acadou a cifra máis alta de suicidios da súa serie histórica con 69 casos rexistrados. Esta cifra, xunto coa tendencia á alza observada nos últimos anos —56 casos en 2021, 67 en 2022 e 69 en 2023— evidencia que a situación non só non se estabilizou, senón […]

Adaptar os espazos para todos e todas: a importancia da accesibilidade cognitiva

En Lenda, traballamos cada día para que as nosas actividades, obradoiros e espazos sexan accesibles e comprensibles para tódalas persoas, independentemente das súas capacidades cognitivas ou comunicativas. Unha contorna adaptada non só facilita a autonomía, senón que tamén transmite unha mensaxe clara: aquí todas e todos somos benvidas/os.   Por que son importantes os pictogramas? […]