ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

O confinamento dende o 13 de marzo polo COVID-19 obrigounos a deter as actividades presenciais no Centro de Rehabilitación, no CO e noutros programas da Asociación Lenda. ¡Pero iso non quere dicir que nos quedemos sen facer nada!

Dende o equipo terapéutico intentamos manter activas a tódalas persoas coas que traballamos para que esta situación sexa o máis levadía posible.

Unha das actividades que faciamos de maneira case diaria, era a estimulación cognitiva, e iso é algo que podemos continuar a facer dende a casa, grazas á tecnoloxía. A palabra “corentena”, ven do número corenta. E corenta son as actividades de estimulación que atoparás nestas páxinas. Aquí tes o índice, e animámosvos a todos e todas a que fagades, polo menos, unha ó día.

Conéctate ás nosas actividades no seguinte enlace:

Estimulacion-cognitiva-lenda

Deixa unha resposta