Día Mundial da Saúde Mental 2022

En 2022, o Día Mundial da Saúde Mental dedícase á infancia, adolescencia e mocidade, pois é necesario reflexionar e poñer medidas ante a realidade que reflicten os datos sobre saúde mental. Tal e como recolle o manifesto do Comité Pro Saúde Mental En Primeira Persoa e a Rede Estatal de Mulleres, unha de cada 10 persoas entre 10 e 19 anos presnta  algún problema de saúde mental e a pandemia aumentou ata case un 50% os trastornos mentais en menores.

Aquí  deixamos o Manifesto que elaboramos este ano dende Lenda: Manifiesto DMSM 2022

Nel falamos da importancia e urxencia de prestar atención á saúde mental da mocidade, epoca na que cuestionamos a nosa identidade e na que o sentido de pertenza a un grupo é fundamental. Antes dos 14 anos, aparecen a metade dos problemas de saúde mental, o 25% toma psicofármacos e as ideas de suicidio recurrentes están presentes en 9 de cada 100 mozos.
Debemos ter en conta factores de orixe social como a distorsión da imaxe, a sobreúso das redes sociais ou a vanalización da violencia, entre outros. E por iso, consideramos que hai que tomar medidas:
  • Coordinación entre os ámbitos sanitario e educativo.
  • Educación emocional que prepare á persoa nova para un eventual episodio de frustración, nesta sociedade da imaxe, individualista e competitiva
  • Formación aos docentes para lograr unha detección temperá dos problemas de saúde mental e tamén do risco de suicidio.
  • Hai que seguir sensibilizando á poboación xuvenil co obxectivo de poñer á saúde mental nun plano de coidado e preservación.
  • Crear máis espazos de diálogo e reflexión a mocidade, para que non sintan temor ou culpa á hora de exteriorizar os sentimentos máis íntimos.
  • Humanizar as relacións interpersoais, por ser aí onde residen as claves dunha sociedade máis saudable.

Deixa unha resposta