Obradoiros de Productos artesanais, finaciados pola Deputación de Pontevedra

Ao longo do ano 2022 reactivamos o “Obradoiro de Produtos Artesanais” no Centro Ocupacional Lenda. Este obradoiro foi financiado pola Deputación de Pontevedra a través das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2022.

O proxecto é o único recurso na provincia de Pontevedra no que se traballa con persoas con problemas de saúde mental na súa recuperación, a través do fomento de actividades encamiñadas á promoción de habilidades de preparación para o emprego.

Este proxecto é necesario dentro da comunidade de saúde mental porque con el traballamos en dous aspectos indispensables: a autonomía persoal e a capacitación no desenvolvemento de funcións de responsabilidade no área laboral, ambos aspectos fundamentais para unha plena reinserción socio-laboral.

Traballamos no cumprimento de horarios, a execución de traballos e na toma de decisións. Procuramos aumentar a capacidade para soportar o estrés laboral, adestramento  no trato a futuros clientes, a adecuación aos ritmos de traballo e á súa conxugación coas necesidades laborais, etc.

Na posta en marcha do proxecto os participantes enfróntanse á realización de traballo, o cumprimento de prazos de entrega e o acabado do produto con un mínimo de calidade elevado, pois as actividades están baseadas en traballo por encargo e preparación de produtos para a súa venda en feiras de artesanía.

Durante estes ano levamos a cabo os seguintes Obradoiros Ocupacionais:

  • Obradoiro de chapas
  • Obradoiro de lá enfieltrada
  • Obradoiro de elaboración de xabóns artesanais
  • Obradoiro de encadernación
  • Obradoiro de decoración de tazas cerámicas
  • Obradoiro de tarxetería
  • Obradoiro de reciclaxe
  • Obradoiro de Zentangle.

Deixa unha resposta