Por que as mulleres con enfermidade mental teñen maior risco de sufrir violencia?

25N-violencia e saúde menta

Existen factores persoais e estruturais que incrementan o risco de  victimización que teñen todas as mulleres en presenza dunha enfermidade mental. Moitos deles teñen causas de orixe social, polo que pode traballarse na súa  minimización, fomentando o empoderamento e a participación social das mulleres con enfermidade mental.

Reivindicamos!

Pero neste post non queremos falar de carencias, nin sequera de necesidades, queremos falar de reivindicacións para poder convertelas nos nosos obxectivos:

  • Queremos reivindicar AUTONOMÍA e INDEPENDENCIA
  • Queremos reivindicar a PROMOCIÓN DO EMPREGO e de RECURSOS ECONÓMICOS que nos axuden a lograr unha autonomía e independencia real
  • Queremos reivindicar a PARTICIPACIÓN SOCIAL
  • Queremos reivindicar a LOITA CONTRA O ESTIGMA EN SAÚDE MENTAL NAS MULLERES
  • Queremos reivindicar uns RECURSOS SANITARIOS E SOCIAIS xustos
  • Queremos reivindicar o noso dereito para ter unha REDE DE APOIO social e familiar
  • Queremos reivindicar poder TRABALLAR as nosas CAPACIDADES
  • Queremos reivindicar a nosa CREDIBILIDADE nas consultas médicas, na policía, nos xulgados, en tódolos lugares onde nos sentimos xulgadas.
  • Queremos reivindicar o ACCESO Á INFORMACIÓN E aos SERVIZOS
  • Queremos reivindicar a nosa loita contra a CULPA e a  VERGOÑA que sentimos ao sufrir unha situación de violencia
  • Queremos reivindicar a loita contra o MEDO d@s profesionais cando non saben actuar ante as situacións de violencia que vivimos.

FONTE: CURSO MUJER, VIOLENCIA DE GÉNERO Y SALUD MENTAL. FEAFES ANDALUCÍA SALUD MENTAL

Deixa unha resposta