Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, Asociación Lenda Saúde Mental lanza o I Concurso de Relato Curto e Poesía Xuvenil, dirixido exclusivamente ao alumnado dos centros de educación secundaria do Concello de Redondela. O obxectivo deste certame é dar voz ás experiencias, reflexións ou pensamentos das persoas máis novas sobre saúde mental, promovendo […]
Actualidade
Manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental 2025
“Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental” Nós, persoas usuarias da Asociación Lenda de Saúde Mental, xuntámonos hoxe para facer oír a nosa voz no Día Mundial da Saúde Mental. Falamos dende a experiencia, dende o que vivimos cada día, e dende a convicción de que todas e todos somos vulnerables dalgún modo. A vulnerabilidade […]
Programa Urdideira II
Un programa para a intervención integral con persoas con trastorno de personalidade, as súas familias e persoas achegadas O Programa Urdideira II nace coa vontade de dar continuidade ao traballo iniciado coa primeira edición do Programa Urdideira, desenvolvido pola Asociación Lenda Saúde Mental durante o ano 2024. O programa tivo como finalidade ofrecer unha intervención […]
Programa Treba Proxecto Vital. Prevención do suicidio e posvención.
No ano 2023, a área sanitaria de Vigo acadou a cifra máis alta de suicidios da súa serie histórica con 69 casos rexistrados. Esta cifra, xunto coa tendencia á alza observada nos últimos anos —56 casos en 2021, 67 en 2022 e 69 en 2023— evidencia que a situación non só non se estabilizou, senón […]
Adaptar os espazos para todos e todas: a importancia da accesibilidade cognitiva
En Lenda, traballamos cada día para que as nosas actividades, obradoiros e espazos sexan accesibles e comprensibles para tódalas persoas, independentemente das súas capacidades cognitivas ou comunicativas. Unha contorna adaptada non só facilita a autonomía, senón que tamén transmite unha mensaxe clara: aquí todas e todos somos benvidas/os. Por que son importantes os pictogramas? […]
Que ten que ver ser muller con ter algún problema de saúde mental e desenvolver algunha dificultade relacionada coa adicción?
Non podemos negar a existencia dunha interseccionalidade entre o xénero e as adiccións. Segundo un estudio publicado no ano 2024 pola Confederación de Saúde Mental España “Un 61,3% das persoas con experiencia propia en saúde mental son mulleres frente ao 38,3% de homes”. Este estudo tamén sostén que as mulleres teñen unha probabilidade maior que […]
AltriLixo
Dende o 4 ata o 12 de abril celébrase o ArteLixo en Redondela, un certame ecoloxista e colaborativo que converte lixo en obras de arte que se expoñen en rúas, prazas e escaparates. Este ano, muda o seu nome por AltriLixo, denunciando a ameaza ecolóxica que supón Altri, a macrocelulosa proxectada para o concello de […]
Actívate
Actívate é unha actividade na que se busca mellorar a calidade de vida daquelas persoas que, por diversas razóns, non realizan actividade física no seu día a día. Para logralo, planifícanse e deséñanse sesións que engloban unha serie de exercicios adaptados ás necesidades de cada usuaria e usuario, co obxectivo de atender as diferenzas individuais […]
18 de marzo: Día Mundial do Traballo Social
¿Que é o Traballo Social? O traballo social é unha profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, e o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais […]
