Unha maneira de favorecer o proceso de empoderamento en persoas con trastorno mental grave é a través da creatividade xa que a terapia ocupacional é unha disciplina que utiliza unha ocupación como medio (neste caso, a creatividade), para favorecer a autonomía, a integración social, a participación social e a calidade de vida e, con iso, lograr o empoderamento das persoas.
Utilizase neste caso a creatividade como medio dado que busca, entre outras, a reflexión, a comunicación entre persoas, a verbalización de sentimentos ou emocións, e a construción da súa propia identidade máis aló da noción de enfermidade, sen esquecernos da capacidade para atopar as mellores solucións a problemas da vida diaria. A creatividade pode ser considerada como un proceso de transformación persoal.
Artesa é un espazo de creación e expresión artística, onde as persoas usuarias do O Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral Lenda, traballan con diferentes estilos e técnicas artísticas para fomentar o empoderamento e benestar global da persoa.
Desfrutamos manipulando e practicando con materiais diversos, estimulando a creatividade, coñecendo novas posibilidades que se nos presentan. Así mesmo interpretamos e valoramos as creacións persoais e as dos compañeiros e compañeiras dende una perspectiva respetuosa.
Actualmente alternamos dinámicas de creatividade o proxecto de “Grandes artistas” bebendo da inspiracion do libro de Marion Deuchars. No que coñecemos vidas, obras e experimentamos a técnica de diferentes artistas como poden ser: Sonia Delaunay, Matisse, Frida Kahlo, Maruja Mallo…Sempre dende unha pespectiva de xénero, tentando visibilizar a mulleres artistas.