QUE É O MÉTODO ZENTANGLE, E QUE NOS APORTA
O método Zentangle de meditación a través do debuxo, é unha ferramenta da que nos axudamos para conectar con nos mesmas, sen interferencias, sen prexuízos, sen comparacións, aceptándonos, valorándonos e queréndonos, mellorando deste xeito o auto coñecemento, e favorecendo a empatía, a paciencia, e a tolerancia.
Vivir o momento presente, é imprescindible para desfrutalo; ter atención plena no que estamos facendo permítenos desfrutar o proceso, e Zentangle axúdanos a liberar a nosa mente e deixarnos fluír sen medos.
ZENTANGLE E SAÚDE MENTAL
Dende o ano 2016 estanse a levar a cabo experiencias con el método Zentangle en diferentes unidades de saúde mental, como por exemplo no Hopital Doctor Rodríguez Lafora, no Gregorio Marañón, no Hospital General de Talavera, e no Hospital Psiquiátrico de Vitoria.
Na Universidade Complutense, no Grao de Enfermería, e dentro da materia de Saúde Mental, estanse impartindo cursos de Zentangle as alumnas das diferentes promocións, dende o ano 2018. Na Universidade Autónoma de Madrid, este ano e de xeito consecutivo dende fai 5 anos, impartíronse clases de Zentangle,no Master de intervencións en poboacións vulnerables.
No Congreso Nacional de Enfermería en Saúde Mental, celebrado en Torremolinos, o Zentangle tamén estivo presente, coa participación do grupo “Zentangle e Saúde Mental”, que está composto pola doutora Matilde Arlandis da Universidade Autónoma de Madrid; Ángela Iglesias, Enfermeira Supervisora Responsable do Departamento de Trastornos da Personalidade do Hospital Dr. Rodríguez Lafora, e Ana Morales enfermeira no mesmo hospital;e María Tovar e Mercedes Pérez Crespo, Profesoras Certificadas do Método Zentangle.
ZENTANGLE NA ASOCIACIÓN LENDA
Na Asociación Lenda comezamos a practicalo despois da pandemia, tendo neste momento tres grupos de usuarios con sesións semanais, os luns, mércores e venres, e outro grupo de Familias con sesións mensuais.
As sesións teñen unha duración aproximada dunha hora e media, durante a que facemos unha pequena relaxación, para despois comezar a debuxar. É un proceso guiado, seguindo sempre os mesmos pasos o que vai creando unha rutina que aporta seguridade, e debuxando patróns de construídos, que paso a paso van conformando o noso deseño. Simplemente hai que deixarse levar, e desfrutalo.
O resultados das sesións son moi satisfactorios, ver todos os traballos xuntos, como parte dun mosaico, é moi gratificante, e fomenta a cohesión do grupo.