As accións levadas a cabo con e para a as familias dende a Asociación Lenda, sempre estiveron enmarcadas de cara a integrar a estas na recuperación das persoas con diagnóstico de enfermidade mental na nosa Asociación.
Traballamos de cara a…
- Recuperar e mellorar as relacións.
- Recuperar a visión da persoa (fronte a de enferma).
- Recuperar á familia.
- Recuperar os soños, desexos e esperanzas.
Dende o ano 2007 lévase a cabo en Lenda o Programa de Escola de Familias.
Durante e despois da pandemia tivemos que aprazar moitas das ideas que tiñamos para darlle continuidade a este programa.
Puxemos en marcha o Grupo de Zentangle onde participaron máis de 15 familiares e neste ano 2023 queremos realizar unha serie de sesións que fagan recuperar o vínculo coa entidade.
O xoves 9 de marzo fixemos a primeira sesión de grupo onde compartimos experiencias, inquedanzas, preocupacións, etc. A partir desta primeira sesión organizamos a programación para o resto do ano.
A continuación propoñemos o calendario que se mostra na infografía.
Se eres familiar ou achegad@ dunha persoa con diagnóstico de enfermidade mental e queres participar nas Escolas de Familias, podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte teléfono 986404200 ou 653794995 (tamén Whatsapp) ou do correo electrónico asoclenda@gmail.com.