9, 10 e 11 de abril, folga na Atención Primaria

folga sanidade en abril

A Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP) convoca unha folga na Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril. A protesta que afrontará a sanidade galega, en conflito polo deterioro do sistema sanitario e polo rexeitamento masivo dos colectivos profesionais ao novo modelo proposto para ese ámbito asistencial polo Sergas.

Durante a asemblea mantida pola CGAP, na que participaron diferentes asembleas das áreas sanitarias de Galicia, sociedades científicas, membros de SOS Sanidade Pública e da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, así como xefes dos servizo dimitidos de Vigo de dos PAC, entre outros, aprobouse de forma masiva a opción de converter estas datas nunhas xornadas reivindicativas.

Puntos irrenunciables

A CGAP mantén as cinco demandas expresadas xa con anterioridade:

  • O aumento de orzamento significativo, até o 25% do total para a Atención Primaria.
  • Incremento de persoal e convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias.
  • Contratos estables e dignos para os profesionais precarios para unha prestación asistencial de calidade.
  • Negociación do conflito dos PAC.
  • Eliminación das EOXI (Estruturas de Xestión Integrada) e creación da Xerencia de Atención Primaria con orzamento específico.

Ademais, a CGAP decidiu manter as concentracións que se están a levar a cabo ante os centros de saúde de Galicia ao mediodía e ás seis da tarde, e formulou a posibilidade de recoller sinaturas para solicitar a dimisión de xefes de servizo doutras áreas, á marxe de Vigo.

Todo coa folga como horizonte, un paro xeral que ten tamén xa un lema pensado: 

Máis tempo para @s nos@s pacientes”

Deixa unha resposta