O vindeiro día 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, e aproveitando esta data queremos facer unhas reflexións atendendo aos datos tan reveladores do estado da atención á saúde mental.
Menor investimento
Os recortes na sanidade pública afectou especialmente á area de saúde mental. Aínda que existe un impacto económico e social asociado á saúde mental, hai evidencias de que investir en saúde mental, fai máis eficaces e eficientes os tratamentos e de que teñen un custe inferior ao seu retorno social e económico.
Redución de profesionais
Loitamos por unha atención á saúde mental de calidade, inclusiva e completa. A redución de número de profesionais (cun déficit estimado do 40%) en comparación co aumento no número de diagnósticos e no consumo de psicofármacos, son datos que falan da precariedade e saturación dun sistema que precisa dun traballo continuado e de procesos de mellora e coordinación.
Listas de espera
Nestes últimos anos aumentou considerablemente a demanda de consultas en psiquiatría e psicoloxía. Se partiamos dunha precariedade na atención, o contexto de crise, o envellecemento da poboación e outros factores, non fixeron máis que aumentar as listas de espera e atrasos nos diagnósticos.
Suicidio
Mentres 3 de cada catro afectados por enfermidades físicas teñen tratamento, só un de cada catro enfermidades mentais ten diagnóstico. Por iso non queremos deixar de falar dalgunhas realidades tantas veces silenciadas como é o suicidio. A cifra de suicidios vai en aumento, dende hai máis de 10 anos é a primeira causa de morte non natural. Facer un traballo de prevención e investir máis en terapias é unha urxencia sobre un feito que ten un impacto social e emocional tan alto.
A pesar de todos estes datos tan “rebeladores”, a saúde mental non é prioridade no sistema de saúde.
Nós, como cidadáns de pleno dereito queremos reclamar a mellora desta situación. Prevención, detección precoz, continuidade e apoio á autonomía dos pacientes deben formar parte do compromiso coa saúde mental no sistema sanitario.
Páxinas de interese:
http://movementogalegosaudemental.gal/
Novas en relación ao tema:
https://praza.gal/acontece/o-sergas-so-conta-cun-60-do-persoal-de-atencion-a-saude-mental-que-recomenda-a-propia-xunta