Que pasa na Atención Primaria en Galicia?

sanidade galega

Denuncias de desmatelamento da sanidade pública en Galicia, manifestacións reclamando a mellora nos medios técnicos, espazos e persoal de atención nos servizos de urxencias, ou folgas iniciadas polos profesionais dos Puntos de Atención Continuada (PAC) ou do servizo de urxencias do CHUS, marcan esta entrada de 2019.

Está a sanidade pública galega en risco?

O 10 de decembro dimitían en bloque as xefaturas de servizo e unidade de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo. Na carta de dimisión denunciaban o progresivo deterioro da asistencia sanitaria na Atención Primaria. Querían alertar sobre:

  • A grave situación de deterioro dos centros de saúde e da imposibilidade de atender os doentes en boas condicións.
  • Na sobrecarga asistencial que se estaba a producir.
  • A nula previsión de recambio profesional, sobre todo nos campos de Medicina de Familia e de Pediatría.
  • A dificultade de atención hospitalaria dos doentes, cunhas enormes listaxes de espera para probas e consultas.
  • A falta de plans de reposición de material dos Centros de Saúde galegos, onde non se produciu, pola falta de financiamento, das novos avances tecnolóxicos.

Unha grande manifestación percorreu as rúas de Vigo o 27 de decembro, denunciando a marxinación da Atención Primaria e a privatización do sistema de saúde en Galicia.

Non era o único caso. A reivindicación dun aumento de medios técnicos, de espazos e dun maior número de persoal de atención levou á folga ao servizo de urxencias do CHUS, ou os profesionais dos PAC de Galicia. Asociacións como a Plataforma SOS Sanidade Pública, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública ou Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, insistían no constante deterioro do sistema público de saúde do noso país.

Problemas de financiamento e de organización

Os problemas na Atención Primaria non proveñen unicamente no escaso financiamento. A creación das Estruturas de Xestión Integrada (EOXIs), que comportou o control da xestión da Atención Primaria polos centros hospitalarios, ademais de reducir o apartado económico, supuxo unha perda de autonomía e de persoal. Isto provocou un aumento do número de pacientes diarios (entre 40-50, chegando a máis de 60), coa conseguinte perda de calidade asistencial, así como a masificación dos servizos de urxencias, utilizados moitas veces como un recurso de atención primaria ao non poder ser atendidos os doentes nos centros de saúde.

Unha saída para unha mellora da calidade da Atención Primaria

  • Incrementar orzamento Atención Primaria, aumentar e recuperar persoal recortado en centros de saúde, pediatría e PAC, acabar coa inestabilidade laboral que obriga a profesionais a emigrar fóra de Galicia, planificar novas prazas de formación do MIR, renegociar un novo Plan de Mellora de AP.

Deixa unha resposta