Quiche de espinacas

Tal e como vos anunciamos, presentamos unha nova sección de vídeo-receitas. E empezamos “Lenda na Lareira” cunha receita dun quiche de vexetais.

Para que non teñades problema en seguir a elaboración da receita, acompañamos o vídeo coa coa descrición da receita.

INGREDIENTES:

  • 3 ovos
  • 2 allos porros
  • 1 ou 2 cabaciñas (dependendo do tamaño)
  • 10 tomates cherry
  • 250 grs. nata cociñar
  • 200 grs. queixo relado mozarella
  • Masa crebada
  • 1 chisco de sal
  • 1 chisco de pementa negra
  • 1 chisco de noz moscada

PREPARACIÓN:

Quecer o forno a 200º C, cubrir con papel de forno o molde que vaiamos utilizar , e poñer dentro a masa crebada, picada cun garfo e á que se lle puxo un peso. Baixar a temperatura do forno a 180º C e enfornar aproximadamente 15 minutos

Cortar os allos porros e as cabaciñas en anaquiños pequenos. Branquear en auga fervendo as espinacas, escurrilas moi ben e cortalas. Salgar e pimentar.
Rustrir as verduras nunha tixola cun pouco de aceite de oliva.

Nunha cunca bater ben os ovos, engadir a nata, o chisco de pementa e o de noz moscada e, por último, o queixo relado.

Incorporar as verduriñas rustridas á masa e repartir ben; a continuación verter a mestura da nata, ovos e queixo relado. Adornar cos tomatiños cherry cortados pola metade e meter ao forno a 180º C durante aproximadamente 30 minutos.

Listo!!!

Deixa unha resposta