Xornadas Neuropsicoloxía 2019

doa_neuropsicología

Os vindeiros 15 e 16 de febreiro terá lugar a xornada organizada pola Asociación Doa: “Neuropsicoloxía: aplicacións e implicacións no ámbito educativo”.

Pensada para profesionais do ámbito da Educación, Saúde Mental, Servicios Sociais, familiares, persoas afectadas e outras persoas interesadas na promoción da saúde. A través de exposicións, reflexións e cunha metodoloxía participativa, abordaranse aspectos teóricos e prácticos da neuropsicoloxía baseados na experiencia.

Co obxectivo de explicar os avances no coñecemento do cerebro para comprender os trastornos mentais e as aplicacións na práctica clínica:

  • Expor os avances no coñecemento do cerebro.
  • Explicar os trastornos mentais dende a perspectiva do funcionamento cerebral.
  • Analizar as implicacións que conleva para a práctica clínica.
  • Promover un novo marco conceptual para a psicoloxía e a pedagoxía.

15 e 16 de febreiro
no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro

 FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Deixa unha resposta