O 75 % das mulleres con problemas de saúde mental sofren violencia machista, segundo un informe da Confederación Salud Mental.
Os trastornos mentais son 5 veces máis frecuentes en vítimas de violencia de xénero que na poboación xeral de mulleres.
A violencia de xénero é a causa do 25% dos intentos de suicidio das mulleres, segundo a Organización Mundial da Saúde.
Son datos aterradores…
Sen embargo, esta relación entre violencia machista e problemas de saúde mental continúa invisibilizada e ignorada a nivel da saúde pública, en medios de comunicación e estudios estatísticos.
As persoas con enfermidade mental vemos vulnerados os nosos dereitos bastante a miúdo, pero neste caso, as mulleres con problemas de saúde mental e vítimas de violencia de xénero sófreno dobremente. En moitos casos, ás súas testemuñas non se lle da credibilidade. O sufrimento psíquico non pode ser un motivo para a discriminación nin para engadir máis dor á persoa.
Pero, que é esa violencia machista?
Estes días en Lenda estivemos a falar do tema. A violencia machista maniféstase a través de comportamentos, que tanto podemos sufrir de maneira persoal as mulleres como podemos observar na conduta de outros. Por exemplo:
- As agresións sexuais
- Ameazar con matar á túa parella, ameazar con darlle unha malleira, ameazar con quitar ás crianzas, ameazar con matar ás crianzas, ameazar con quitarlle as súas cousas
- Obrigar a quedarse na casa
- Prohibir unha forma de vestir
- Limitar a vida social dunha muller
- Agresións físicas: dar unha bofetada, golpear, empurrar, tirala ao chan, tirar do pelo
- Controlar o que gasta, controlar as súas contas
Este tipo de conductas teñen consecuencias nas mulleres que se traducen, entre moitas en:
- Problemas graves na súa saúde mental como trastornos por ansiedade, depresión, trastornos da alimentación ou esquizofrenia
- Perda de amizades
- Lesións físicas graves
- Sentirse culpables
- Sentirse desamparadas
Pero esta violencia tamén ten consecuencias nos homes que:
- Normalizan as condutas violentas
- Crense lexitimados ao usar a violencia
- Non son capaces de ter relacións sans e igualitarias
É responsabilidade de todas e de todos acabar con esta lacra social, que mata a mulleres pero que, sobre todo, xera moitísimo sufrimento, tanto para as mulleres como para as fillas e fillos de maltratadores.