Como afecta a violencia nas nosas estruturas cerebrais?
Que significa estar exposta a violencia emocional e o seu efecto acumulativo coa violencia física?
A resposta de emerxencia nunha situación de estrés prolongado no tempo produce cambios no noso sistema nervioso central e periférico.
Actívase o sistema simpático e desactívase o parasimpático. Pero que quere dicir isto exactamente?
Coa activación do sistema simpático:
- Actívase tamén o sistema límbico, un conxunto de estructuras do cerebro cun papel máis relevante na regulación das emocións e o estado de ánimo.
- Podes sentirte moi activada emocionalmente, desregulada
- Preparámonos para manter a nosa seguridade no ataque, a fuga ou a parálise.
Con este sistema permanentemente activado, o corpo está segregando hormonas que nos preparan para acción, os órganos internos están sobrefuncionando (o que nos fai fallar con máis facilidade), o corazón late a un maior ritmo (pode xerar hipertensión e enfermidades cardiovasculares) e os músculos ténsanse preparándose para a acción (o que pode provocar dores musculares)
Coa desactivación do sistema parasimpático:
- O noso funcionamento intelectual está comprometido, limitando as funcións de pensar, razoar e planificar.
- Pode afectar ao córtex órbito-frontal, sobre todo pola cronicidade das crises, unha estrutura cerebral relacionada coa planificar, establecer estratexias, inhibir conductas e regular emocións.
Este funcionamento do sistema nervioso autónomo pode xerar un síndrome de estrés postraumático.
Diversos estudos demostraron que as mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero teñen maiores problemas de saúde tanto física como mental, identificando a OMS a violencia contra a muller como a principal causa de problemas de saúde mental (OMS, 2001).
É fundamental que os/ as profesionais que realizan atención directa con persoas con problemas de saúde mental profundicen no coñecemento da violencia de xénero, xa que as mulleres con problemas de saúde mental grave son especialmente vulnerables a sufrila. E a propia violencia de xénero produce e agudiza os problemas de saúde mental, polo que os/ as profesionais que traballan neste ámbito tamén deberían ter coñecemento e acceso á coordinación con profesionais deste ámbito.
Gracias por este claro y objetivo artículo, gracias porque abre a la reflexión!
Me hace analizar como ese desequilibrio
y Desgaste de los sistemas del cuerpo , ocurre gravemente en las mujeres que padecen o han padecido violencia de género.
Aunque fijándonos a nuestro alrededor,
en la época de multiplicación del miedo covid , es algo desgradablemente observable en muchas de las personas con que nos relacionamos a cada paso. !
muchas Políticas y acciones de Cambio se necesitan!
Gracias por este artículo_ paso para ello!
Valoramos moito o teu comentario. Moitas grazas por seguirnos!