Saúde sexual e saúde mental

A saúde sexual é un estado de benestar físico, mental e social en relación coa sexualidade. Precisa dun enfoque positivo e respectuoso da sexualidade e das relacións sexuais, así como a posiblidade de ter experiencias sexuais placenteras e seguras, libres de toda coacción, discriminación e violencia”.  Deste xeito define a Organización Mundial da Saúde (OMS) a  saúde sexual.

A pespectiva sobre a saúde sexual, a súa importancia, foi mudando co tempo. Estamos ante unha visión máis ampla, que non se limita unicamente a tratar os métodos anticonceptivos, as enfermidades de transmisión sexual ou a saúde reprodutiva.

O sexo, que pode ser unha vía de benestar para as persoas, converteuse nalgunhas ocasións nun problema, cando pasa dunha vivencia a unha obsesión, como é o caso da adición ao sexo.

Sexualidade

A sexualidade forma parte da identidade das persoas. Non só se limita ao  que entendemos coma sexo, tamén abrangue a noso papel de xénero, o erotismo, o pracer, a intimidade, a reprodución e orientación sexual. Ao ser parte da nosa identidade, os problemas sexuais que puideren xurdir afectan á nosa identidade e, polo tanto, á nosa saúde mental.
Cada vez aparecen máis problemas de saúde mental relativos ao xeito que temos de vivir a nosa sexualidade. Implica a todas as persoas, con especial relevancia á mocidade. Sabemos que a sexualidade é un potente canalizador das emocións, condicionando tanto a nosa satisfacción como as nosas frustracións.
Nestes últimos anos, o achegamento e a descuberta da sexualidade que teñen moitas persoas, en especial adolescentes, a través das redes, con contidos meramente pornográficos, cargados de estereotipos de xénero onde a muller é cosificada e ten que estar dispoñible para responder a calqueira tipo de desexo sexual dos homes, con prácticas violentas e non consentidas

Faláse xa de máis dun 12% dos homes e dun 6,5% das mulleres que en algún momento das súas vidas poden presentar condutas aditivas en torno á sexualidade. Mais vaise máis alá, non implicando unicamente o mantemento de mitos e falsos modelos sobre o sexo, senón afectando o noso estado de ánimo, incluíndo trastornos da personalidade.
A vivencia da nosa sexualidade vai ter repercusión no noso estado de ánimo, na existencia ou non dunha autoestima positiva, no noso enfoque positivo sobre o mundo que nos rodea ou no grao de satisfacción ou insatisfacción persoal.
Tamén afecta ás relacións sociais, na seguridade que podamos ter ante os demais, no uso de condutas erróneas da sexualidade, ou mesmo está relacionado co cumprimento ou abandono de tratamentos pautados.

Educación sexual

A sexualidade é unha fonte de saúde, de benestar e vida. E para evitar convertila nun problema que desemboque nun problema de saúde mental, é preciso unha boa educación sexual.  É importante abordar este tema, anticiparse, para que unha falta de educación sexual non acabe por derivar nun problema de saúde mental. Un bo exemplo é  o proxecto S.E.X., unha webserie promovida pola produtora Illa Bufarda e pola Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA), que busca difundir entre o público adolescente unha formación no eido da sexualidade.  A través dunha canle web,  aborda de forma monográfica diversos aspectos sobre a sexualidade, desde a diversidade sexual, ata a prevención de condutas de risco en sexualidade. Todo desde unha perspectiva feminista, na busca dun enfoque da sexualidade que sempre teña presente a igualdade.

Un enfoque integrador

Asumíase que a saúde mental influía decisivamente na saúde sexual. Con todo, a saúde sexual ten tamén un impacto no benestar emocional, na saúde mental. Disfuncións sexuais, patoloxías varias implican non só a falta dese benestar físico e mental do que fala a OMS, senón que se poden converter en problemas de saúde mental. O achegamento da mocidade á sexualidade, a educación sexual, é un reto para o sistema educativo, pero tamén para a nosa sociedade.

Deixa unha resposta