Saúde Mental Positiva

cargando positivismo

Achegamos o documento sobre prevención, sensibilización e contra o estigma do Comité en 1ª persoa.

A saúde mental é fundamental para a nosa capacidade de pensar, manifestar sentimentos, interactuar cos demáis e gozar da vida. Polo tanto é fundamental a prevención e promoción para todas as persoas.

Falamos dunha saúde mental positiva cando unha persoa é quen e potenciar as súas habilidades e capacidades: satisfacción persoal, autocontrol, autonomía, resolución de problemas ou as habilidades nas relacións cos demáis. Cando todo esto sucede, pasamos dunha saúde mental na que predomina o malestar a outra na que destacan o desenvolvemento de competencias e a promoción da saúde afectiva.

A limitada mirada que adoitamos ter sobre a saúde mental (enfocada no clínico, na enfermidade e tratamentos), impide áos administradores adoptar e desenvolver programas e estratexias integrais de intervención, centrándose en cuestións hospitalarias e médicas, e só cando a gravidade da situación é extrema ou irreversible.

Non podemos facer prevención dende o concepto de enfermidade. Non podemos sensibilizar, promover e combatir o estigma dende unha visión tan limitada e negativa.

Necesitamos cambiar de mirada

Unha perspectiva negativa define a saúde como ausencia de enfermidade e o seu obxectvido é a curación. A Saúde Mental Positiva pon énfase na construción de competencias, a prevención e a promoción da saúde afectiva. Todas as persoas teñen fortalezas que actúan como amortiguadoras contra o trastorno mental: traballemos con elas, afondando nelas, construíndo sobre estas.

Verbas que limitan

Falar de enfermidade limita o ámbito no que se pode e se debe interactuar cunha persoa. No caso dos problemas mentais, non se trata de buscar un remedio farmacolóxico e de esperar un resultado definitivo;  por iso a palabra enfermidade non define a clase de traballo que é necesario abordar.

As receitas son tan diferentes como as persoas e os seus problemas: medicamentos, deporte, alimentación, psicoterapia… cada quen ten necesidades distintas.

E as palabras tamén teñen mellor ou peor aceptación incluso dentro do colectivo. Substituímos o termo minusválido por discapacidade; enfermidade mental por problema de saúde mental, xa non se fala de loucura nin de manicomios e temos que seguir evolucionando.

Promoción e prevención

Para prevención, educación. Hai que educar na integración das persoas con problemas de saúde mental. Pero para empezar hai que detectalos a tempo, ofrecer axuda cando non se atreven a pedila e facer comprender aos nenos, nenas, adolescentes que non lles pasa nada raro nin malo, que só teñen que falar na casa, co profesorado, con profesionais da sanidade, e todo será moito máis sinxelo do que parece.

Aforrarlles o sufrimento, a soidade, o medo, unha vida en negativo é fundamental. Intervir no ámbito escolar para informar, ofrecer axuda e demostrar que é posible levar unha vida normal é o máis importante. Tamén é necesario traballar cos profesores porque están na primeira liña de detección e apoio.

Charlas, concursos, xogos, todo tipo de celebracións nas que quepa difundir o concepto de saúde mental positiva serán os elementos que nos acheguen aos e ás protagonistas do problema.

Deixa unha resposta