Porque a Saúde Mental Materna é importante: o próximo 27 de abril, Gea. Atención Perinatal y Psicología e a Asociación Galega de Matronas organizan en colaboración coa Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa estas xornadas “Saúde Mental Materna. Porque Importa”.
Dende unha visión multidisciplinar, e cun enfoque de xénero, abordarán a importancia de botar unha ollada á saúde mental das mulleres na etapa perinatal.
Porque sabemos que un importante número de nais sufrirán algún trastorno emocional ao longo do Embarazo e puerperio, e sobre un 75% das mesmas non recibirán a atención acaída.
Porque sabemos a importancia da Saúde mental materna, coidamos a saúde dos seus fillos e toda a contorna social.
Porque a SAÚDE MENTAL MATERNA IMPORTA!
Xornadas 09h30-13h ye15h-18h sábado en Vilagarcía. Inscrición previa
entrada libre e gratuíta previa inscrición: Bit.ly/SaudeMentalMaternaVilagarcia2019
#GeaAtenciónPerinatalYPsicología