SAÚDE MENTAL E BENESTAR. UNHA PRIORIDADE GLOBAL

Ter saúde mental é un principio fundamental do noso benestar. Pero de que falamos cando nos referimos a “benestar”? Para nós BENESTAR é vivir ben, ter calidade de vida (saúde, cartos e amor) gozar de boa saúde mental e física, ter boas relacións con outras persoas (amizades, familia, etc.), ter autoestima,  ser positiv@s e entendernos a nós mesm@s.

Cando falamos de benestar, tamén falamos de cubrir necesidades… E cales son estas?

Que necesitamos para sentirnos ben?

Necesitamos ser xeneros@s con nós mesm@s, o recoñecemento das demais persoas do noso entorno, o seu aprecio. Queremos ser capaces de dar e recibir cariño. Desexamos non pensar tanto no pasado e máis no presente, sentirnos ben con nós mesm@s, ser capaces de disfrutar e de desconectar dos problemas, ser capaces de estar tranquil@s e relaxad@s. Queremos gozar dun tempo de lecer de calidade e ter tempo de descanso real. Queremos sentirnos comprendid@s polas demais persoas e por nós mesm@s e ser capaces de levar a cabo os nosos soños. En definitiva, ter calidade de vida.

Este ano o lema do Día Mundial da Saúde Mental fala de prioridade global. Pensamos que a saúde mental debe ser unha prioridade para que chegue a todo o mundo e porque afecta á felicidade das persoas. A saúde mental ten que poñerse en valor porque ten que ver con como nos sentimos, como persoas e como sociedade.

Nos últimos tempos falar de saúde mental é sinónimo de falar de medicación. Parece que os problemas cotiás arránxanse con medicación, deixando a inversión neste área da saúde con insuficientes recursos, sen innovación, e con moi pouco persoal para a nosa atención.

Que nos falta como sociedade para mellorar a nosa saúde mental?

Tolerancia, respecto, entendemento, boas relacións interpersoais, empatía, asertividade, maior comunicación, máis cooperación, capacidade de superación, positividade, alegría, autonomía, motivación, capacidade de cambio, autoestima, apoio entre iguais, autocoñecemento, autoxestión, confianza en nós mesm@s  e nas demais persoas, compañeirismo, confianza, ser proactiv@s, traballo, sentirnos útiles, capacidade de esforzo, estabilidade, seguridade, ser capaces coidarnos a nós mesm@s, ter voz, participar na comunidade, ser escoitad@s, empoderamento, ter un proxecto de vida…

En conclusión… benestar!

CRÉDITOS

Voces:

Elisa, Alfonso, María, Benjamín, Yolanda, Jose Angel, Patricia, Manuel, Oliver

Linguaxe de signos:

David Couselo

Gravado e realizado no Centro Ocupacional Lenda

Redondela, Outubro 2020

Deixa unha resposta