Saír do armario…

Esta semana queremos recomendar a lectura do número 1 do ano 2021 da revista Encuentro que leva en portada o título do artigo: Saír do armario é unha cuestión de saúde mental, pero…

Na reportaxe falan con expertos da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais para afondar na importancia da visibilización da diversidade sexual e a relación coas emocións e saúde.

Ademáis de sinalar os beneficios que ten o feito de saír do armario no proceso de autoaceptación, un proceso complexo no que se reflicte a importancia da dimensión social. As circunstacias persoais e os contextos sociais inflúen nas decisións e no benestar emocional. O feito da ocultación ou non aceptación da identidade fainos máis vulnerables e fainos máis propensos a desenvolver trastornos de ansiedade, depresión ou adiccións.

Por outro lado, destaca a incidencia negativa da pandemia no illamento de persoas maiores LGTBI ou a maior fraxilidade da mocidade e poboación adolescente.

Por último, para poñer de relevo a importancia da dimensión laboral, unha muller fala da súa a súa loita persoal para acadar o respecto e o traballo pola igualdade.

Deixa unha resposta