Respecto, dereitos e autonomía

A Rede Estatal de Mulleres SALUD MENTAL ESPAÑA ven de facer público un manifesto no reivindican os seus dereitos fundamentais, a necesidade dunha educación non sexista e a preservación dos dereitos fundamentais de autonomía.

Esta rede denuncia o dobre estigma ao que se ven sometidas as mulleres con problemas de saúde mental. Os prexuízos fan que sexan vistar como seres asexuados ou hipersexuados, que sexan consideradas como menores de idade, incapaces de ter parella, recibir educación ou argumentar. Esto último é imprescindible á hora de vernos capaces de identificar situacións ou ser testemuñas xudicialmente.

A violencia incide na saúde mental

As cifras evidencian que o 80% das mulleres con problemas de saúde mental sufriu algún tipo de violencia. A porcentaxe de abauso en nenas acada ao 26%, moitas veces na súa contorna máis próxima.

Cómpre facer visible esta realidade e traballar para o empoderamento das vítimas. Entre outras medidas a Rede elaborou unha serie de materiais para ser compartidos nas redes sociais.

Deixa unha resposta