Que é o novo Coronavirus SARS-COV-2?

Os coronavirus son unha ampla familia de virus que poden causar infección nos seres humanos e nunha variedade de animais.
O coronavirus SARS-COV-2 é un novo tipo de coronavirus e produce a enfermidade COVID-19.

Como se transmite o novo coronavirus (Covid 19)?

Unha persoa pode contraer a COVID-19 por contacto con outra que estea infectada polo virus. A enfermidade pode propagarse de persoa a persoa a través de pingas
do nariz á boca que son despedidas cando unha persoa infectada tuse ou inhala. Tamén pode contaxiarse  a través das mans se esas partículas caen sobre obxectos e superficies, e logo tócanse os ollos, o nariz ou a boca.
É pouco probable a transmisión polo aire a distancias maiores dun metro e incluso dous metros. Esta é a razón pola que resulta tan importante manterse a unha distancia maior de 2 metros, sobre todo das persoas que posúen a enfermidade ou que son portadoras sendo asintomáticas.

Protocolo informativo

Estamos preparando un protocolo de información para as persoas usuarias. Aquí podedes ver algunha das imaxes gráficas que estamos a utilizar:
 

Deixa unha resposta