Programa MAIS SOCIAL 2023 da FUNDACIÓN BARRIÉ

Son moitos os desafíos aos que nos enfrontamos dende o terceiro sector no ámbito de Saúde Mental: unha post-pandemia, desigualdade no acceso a recursos ou procesos electorais dos que dependen a financiación dos nosos proxectos. No contexto pandémico foi un reto manter as actividades de rehabilitación psicosocial, o funcionamento do centro, a comunicación cos usuarios/as e familias o cal nos situou nun escenario de incerteza e no que tocaba reinventarse e adaptarse aos cambios. Un confinamento con resultados negativos para a saúde mental da poboación en xeral pero para a os nosos usuarios e usuarias en particular.  Este contexto marcou un antes e un despois no noso que facer, deixounos moi claro que a rehabilitación psicosocial debe adaptarse aos novos retos como por exemplo: a falta de competencias dixitais e as desigualdades de acceso telemático nas persoas usuarias ou  o aumento de problemas de saúde mental da poboación en xeral e dos menores en particular.

Isto deixou claro que, como entidade prestadora de servizos e de acción social temos que adestrarnos en estratexia, incerteza, nos cambios, na capacidade de reacción e por suposto en dar resposta ás necesidades emerxentes das persoas con enfermidade mental, familias e sociedade en xeral a través do deseño de proxectos innovadores.

Motivadas por todo o anterior dende o mes de abril traballadoras de Lenda participamos activamente xunto con outras entidades no Programa Máis social da Fundación Barrié, na cidade de A Coruña nun programa de formación de 40 horas para ONGs ou tamén chamadas ONL (organizacións non lucrativas) co fin dotar ás profesionais das entidades sociais galegas das competencias necesarias para unha xestión sólida e adaptada aos desafíos dunha contorna de cambio e incerteza. As áreas de traballo son: xestión en entornos de cambio, xestión eficaz e diferencial de proxectos, xestión de equipos pequenos, captación de fondos en tempos de incerteza e aspectos legais e económicos básicos.

Deixa unha resposta