A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer), acaba de presentar un programa de estimulación terapéutica dirixido á persoas con deterioro cognitivo.
Este programa se desenvolverá no Multiusos da Xunqueira de Redondela os luns e mércores e os martes e xoves no multiusos Piñeiral do Crego de Chapela. Nun horario de atención de 10:30 ata 13:30. Este servizo quere por un lado, atender a persoas con demencias en fase inicial para a ralentización do deterioro cognitivo e por outro lado, servir de apoio e axuda ás persoas coidadoras, brindando un tempo de “respiro” nos coidados das e dos doentes.
Máis información:
AFAGA: 986 229 797 e Servizos Sociais do Concello de Redondela