O 10 de setembro é o Día Mundial para a Prevención do Suicidio. Estes días nos medios de comunicación escoitamos mensaxes claras con respecto a este tema: “falemos do suicidio” ou titulares como “non silenciemos o suicidio” ou que “a OMS remarca a importancia da prevención do suicidio como política pública”
Outros organismos como a Asociación Internacional para la Prevención del Suicidio (IASP-International Association for Suicide Prevention) propoñen como lema para este ano “Traballar xuntos para a prevención do suicidio”, a través do cal danlle importancia á eficacia da colaboración na prevención do suicidio a nivel mundial, e á necesidade de abordar colectivamente os desafíos que presenta o comportamento suicidia na sociedade actual.
“Conect@ coa vida” é tamén o lema elixido polo movemento asociativo de saúde mental para conmemorar o Día Mundial da Saúde Metal 2019.
Así que aceptamos o reto! Falaremos de suicidio.”