Prevención do suicidio

O suicidio é unha solución eterna para o que a miúdo non é máis que un problema temporal.

(Edwin Schneidman, 1985)

O Día Mundial da Prevención do Suicidio, que se conmemora o 10 de setembro, é unha data propicia para facer un chamamento a aumentar a concienciación social e evidenciar a necesidade de mellorar a prevención e o control dos suicidios, pois trátase dun grave problema de saúde pública debido ao gran número de persoas afectadas.

Os datos revelan que no mundo se suicida unha persoa cada 40 segundos, e no estado español é a principal causa de mortalidade non natural. Galicia, lamentablemente, está no máis alto da clasificación de suicidios a nivel estatal, sendo a segunda comunidade autónoma con maior taxa de incidencia, superada tan só por Asturias. Estamos a falar de ao redor de 300 mortes por suicidio ao ano, converténdose este nun problema sanitario e social de significativa relevancia na nosa comunidade.

Previr os suicidios é posible. Para iso, é importante falar desta realidade, desterrar os falsos mitos que existen ao redor dela e eliminar o tabú para que as persoas que se atopan en risco poidan buscar axuda.

A prevención do suicidio comprende unha serie de actividades que van desde a educación na infancia e na mocidade ata o tratamento eficaz dos trastornos mentais, pasando por un control ambiental dos factores de risco e unha difusión apropiada da información.

Moitas persoas, antes de tentar suicidarse, evidencian unha serie de signos e síntomas que fan posible a detección do risco suicida. É moi importante coñecer cales son estes sinais de alerta para minimizar o risco dun intento suicida. Estas son algunhas que poden indicarnos que alguén está a pensar en acabar coa súa vida.

Se pensas que a túa vida non merece a pena, que nada pode cambiar e que a única maneira de acabar co sufrimento e cos problemas é deixar de vivir atópaste ante un dos principais sinais de ideación suicida, pero tamén existen outros que é importante detectar para abordar esta situación.

Cando se detecta unha ou máis dos sinais de alerta referidas ou ante unha situación potencial de risco suicida, débense ter en conta distintas estratexias de actuación.

Ter dispoñibles teléfonos de emerxencia ou axuda. É moi importante contar co apoio dos distintos axentes que integran a rede preventiva do suicidio: médicas de familia, psiquiatras, psicólogos, enfermeiros, traballadores sociais, familiares e amigas.

Existen unha serie de factores sociais, familiares e persoais que diminúen a probabilidade de aparición dos pensamentos, intentos e/o condutas suicidas e que polo tanto, haberá que promover e reforzar para así poder diminuír a probabilidade de aparición.

COMUNICADO DO MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL

Enlaces de interese:

Guía prevención suicidio

Prevención suicidio, consaludmental

Deixa unha resposta