Pegadas con alma

Dúas veciñas de Redondela Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest acaban de inciar o seu proxecto “Pegadas con alma”, unha iniciativa creada para impulsar accións de voluntariado social e crecemento persoal na comarca, realizada en colaboración coa nosa Asociación Lenda Saúde Mental.

Inciativa solidaria

Do 2 ao 9 de xullo farán o Camiño de Santiago entre Triacastela e Compostela, un total de 130 quilómetros. Con este reto recadarán fondos para renovar o material deportivo que utilizan os usuarios de Lenda nas súas terapias. Calquera pode axudar. Os particulares que se sumen á iniciativa poden colaborar cunha doazón de 5 euros por quilómetro. Tamén entidades ou empresas poden ser patrocinadores desta iniciativa.

Fondos para a asociación

O reto é recadar 1.604 euros, cantidade necesaria para renovar todo o material deportivo de Lenda. Pero o obxectivo vai máis aló. Ademais de recadar fondos, este reto quere ser tamén un xeito de rachar cos prexuízos e visibilizar e contribuír á normalización as enfermidades mentais.

Apoios

A iniciativa conta co apoio do Concello de Redondela e da Asociación de Empresarios, e está aberta á colaboración de entidades e particulares durante todo o desenvolvemento do proxecto. Para colaborar con esta iniciativa pode facerse o ingreso na conta Abanca de Lenda, a través do paypal e proximamente bizum. Tamén poden facerse achegas nas huchas situadas en establecementos e entidades colaboradoras de Redondela e Chapela. Poden consultar toda a información na páxina www.pegadasconalma.wercode.es.

Deixa unha resposta