Cando falamos de patoloxía dual estámonos a referir á existencia simultánea dun trastorno mental e dun trastorno adictivo.
Decidimos facer este post sobre patoloxía dual xa que é unhas das patoloxías máis descoñecidas pola poboación (o que tamén quedou reflictido na enquisa que realizamos en anteriores artigos).
Cada ano aumentan as intervencións relacionadas con patoloxía dual realizadas polas entidades da rede de saúde mental e adiccións, pero rara vez chegan os seus diagnósticos. En moitas ocasións as entidades traballamos de maneira separada, ou a saúde mental ou a adicción, pero non se realiza unha abordaxe integral desta patoloxía.
Recordade que cando falamos de adicción, non solo nos referimos a sustancias (alcohol, tabaco, cannabis, cocaína, ketamina, heroína, éxtase, MDMA, speed, anfetamina, benzodiacepinas, etc.), senón a adiccións sen sustancia ou comportamentais (xogo, apostas, internet, redes sociais, pornografía, compras, móbil, xogos online, etc.).
Só uns pequenos apuntes sobre patoloxía dual:
- Existe unha grande prevalencia de persoas que teñen un problema de saúde mental asociado a consumo de sustancias.
- Debido á complexidade no seu tratamento, estas persoas presentan unha maior vulnerabilidade e risco de exclusión social.
- A patoloxía dual é máis complexa que a simple suma de ambos trastornos e precísase unha abordaxe especializada.
- O consumo de drogas nas persoas con patoloxía dual supón unha dificultade engadida na adherencia ao tratamento, facendo que o seu proceso de recuperación sexa máis lento e complexo.
- A coexistencia de ambas patoloxías supón, en moitas ocasións, unha dificultade no acceso á rede asistencial, situación que se resolvería cun tratamento integrado.
- A presencia de ambos trastornos complica a evolución e pronóstico, o que supón unha maior probabilidade de recaída no consumo de drogas ou reactivación da sintomatoloxía propia do trastorno mental.
- É fundamental o traballo coa familia e a contorna, a súa participación no tratamento. Para iso é indispensable unha formación axeitada que garanta a comprensión da problemática e executen o seu rol dunha maneira eficaz.
- É fundamental que as persoas con patoloxía dual participen activamente no seu tratamento, asumindo progresivamente a súa responsabilidade no proceso de cambio.