Cara a inclusión dixital: acceso e alfabetización dixital en Saúde Mental

A fenda dixital constitúe unha problemática de aceso que fai necesaria a alfabetización en tecnoloxías de información e comunicación (TICs). Na actualidade existe unha desvantaxe de acceso e uso en diferentes colectivos sociais, profundando na situación de desigualdade. No contexto da emerxencia sociosanitaria por pandemia no 2020 e co aumento da atención telemática a pacientes […]

A Deputación de Pontevedra financia o Obradoiro de Produtos Artesanais

Durante o ano 2023 levamos a cabo no Centro Ocupacional o “Obradoiro de Produtos Artesanais”. Este obradoiro está financiado pola Deputación de Pontevedra a través da subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra. O obradoiro ten como obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico […]

Arquivos de resistencia

“Os arquivos de resistencia están formados por cartas, poemas, cancións, debuxos, historias, contos, etc. que expresan o firme propósito de resistir os problemas ou os discursos dominantes; que celebran as vitorias desa resistencia e que comparten o coñecemento adquirido con outras persoas que estean a tentar escapar da opresión dos problemas ou os discursos dominantes […]

Manifesto do Día Mundial para a Prevención do Suicidio 2023

No Día Mundial da Prevención do Suicidio queremos asomarnos a unha realidade difícil e dolorosa, e expor unha pregunta que nos axude a comprendela: Que estamos a facer mal como sociedade para que se produzan 4000 mortes por suicidio cada ano en no estado español? En primeiro termo, a resposta é clara. Desatendemos a chamada […]

ZENTANGLE

QUE É O MÉTODO ZENTANGLE, E  QUE NOS APORTA O método Zentangle de meditación a través do debuxo, é unha ferramenta da que nos axudamos para conectar con nos mesmas, sen interferencias, sen prexuízos, sen comparacións, aceptándonos, valorándonos e queréndonos, mellorando deste xeito o auto coñecemento, e favorecendo a empatía, a paciencia, e a tolerancia. […]

Programa MAIS SOCIAL 2023 da FUNDACIÓN BARRIÉ

Son moitos os desafíos aos que nos enfrontamos dende o terceiro sector no ámbito de Saúde Mental: unha post-pandemia, desigualdade no acceso a recursos ou procesos electorais dos que dependen a financiación dos nosos proxectos. No contexto pandémico foi un reto manter as actividades de rehabilitación psicosocial, o funcionamento do centro, a comunicación cos usuarios/as […]

ARTESA: Espazo de creatividade e expresión artística como ferramenta de empoderamento e benestar global

Unha maneira de favorecer o proceso de empoderamento en persoas con trastorno mental grave é a través da creatividade xa que a terapia ocupacional é unha disciplina que utiliza unha ocupación como medio (neste caso, a creatividade), para favorecer a autonomía, a integración social, a participación social e a calidade de vida e, con iso, […]