Os beneficios dos bos hábitos en pacientes con enfermidades mentais e síndrome metabólico

A enfermeira Carmen Vallejo especialista en Saúde Mental, ven de presentar a súa tese sobre os beneficios dos bos hábitos en pacientes con enfermidades mentais e síndrome metabólico. Logo de constatar que as persoas que padecen enfermidades mentais adoitan ter hábitos de vida pouco saudables, decidiu realizar unha investigación con pacientes psiquiátricos graves da área sanitaria de Vigo. Esta tese doutoral foi dirixida polo investigador do grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Carlos Spuch, e o xefe do servizo de Saúde Mental da Área Sanitaria de Vigo, José Manuel Olivares

No estudo constátase que levar a cabo actividades programadas para a mellora dos hábitos de vida destes pacientes permite unha mellora na súa saúde e promove cambios positivos a nivel hormonal e sobre todo, nas hormonas neurometabólicas ou neuroendocrinas.

As persoas cunha enfermidade mental grave presentan entre un 20% e un 40% máis de probabilidade de morbimortalidade e, en especial, de sufrir efectos cardiovasculares adversos, iniciouse este traballo de investigación. Igualmente manteñen hábitos de vida pouco saudables ao presentar altas tasas de tabaquismo, sedentarismo e unha alimentación pouco equilibrada. Toda estos índices contribúen á contración de enfermidades non transmisibles, como a obesidade, a diabete e o síndrome metabólico.

Por outro lado, moitas destas persosas non acuden habitualmente aos centros de atención Primaria, polo que resulta importante realizar controis do seu estado en unidades de saúde mentall.

Traballo experimental

O traballo de campo realizado no marco da investigación dividiuse en tres bloques. O primeiro fíxose durante tres anos nos que se analizaron os parámetros físicos e analíticos destas persoas en relación ao síndrome metabólico.

Nunha segunda fase, estudíaronse os hábitos de vida dos pacientes respecto á súa alimentación, á súa actividade física e o consumo de tabaco.

Por último, unhas 12 persoas con enfermidades mentais, que contaron con acompañamento de dúas enfermeras, realizaron un programa de exercicio físico planificado a diario durante seis meses. Como resultado, as medicións de parámetros físicos, analíticos, hormonais e proteómicos permitieron o desenvolvemento o da investigación.

Máis info

Deixa unha resposta