No pasado ano 2024, no Centro Ocupacional Lenda traballamos o “Obradoiro de Produtos Artesáns” financiado pola Deputación de Pontevedra a través da subvención dirixida a entidades sen fins de lucro, que actúen no ámbito social na provincia de Pontevedra.
Este obradoiro ten como obxectivo a recuperación das persoas con diagnóstico de saúde mental, traballando con elas a adquisición de hábitos e habilidades pre laborais, como a comunicación, o manexo das ferramentas de xeito seguro e óptimo, a responsabilidade no traballo, tanto nos acabados, coma nos prazos de entrega.
Durante o ano 2024 a nosa actividade foi moi variada, xirando coma sempre basicamente o redor da encadernación, facendo varios tipos de libretas, algunhas para encargos e vodas, ou para vender no Mercadiño Solidario do Concello de Redondela.
Outros produtos artesanais son os xabóns naturais, e as Axendas que levamos elaborando dende hai 12 anos.
Coma novidades fixemos este ano un obradoiro de “iniciación a cianotipia”, o “reciclado de papel”, e a pintura sobre madeira.
Estes obradoiros facilitan o traballo de cara á posibilitar e contribuir á participación na vida social e o desenvolvemento da autonomía persoal.