Durante o ano 2020 levamos a cabo no Centro Ocupacional o “Obradoiro de Produtos Artesanais”. Este obradoiro foi financiado pola Deputación de Pontevedra a través da subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2020.
É un obradoiro especializado no que todas as actividades que se realizaron estaban dirixidas a potenciar a rehabilitación psico-social e laboral das persoas con enfermidade mental persistente, actividades todas elas capacitadoras, terapéuticas e rehabilitadoras, que se inscriben no eido da formación ocupacional pre – laboral e de axuste persoal orientadas a inserción socio-laboral.
As actividades deste obradoiro estiveron dirixidas a persoas entre 27 e 60 anos, clinicamente estabilizadas; co obxectivo de continuar co seu proceso rehabilitador e favorecer e impulsar a súa autonomía persoal e integración socio laboral.
Os talleres ocupacionais e rehabilitadores foron o marco no que, por un lado se reforzaron e xeneralizaron no contexto laboral os hábitos e habilidades, e se reforzaron as habilidades específicas de axuste laboral.
Estes obradoiros son un ámbito de traballo simulado onde as persoas usuarias adquiriron e/ou recuperaron hábitos e habilidades laborais que son comúns a calquera tipo de emprego.
Obxectivos do obradoiro
O obxectivo xeral do obradoiro é proporcionar unha rehabilitación integral mediante programas ocupacionais que potencien o desenvolvemento da autonomía persoal e a integración socio-laboral das persoas usuarias do mesmo.
Outros obxectivos que se traballaron foron os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias.
- Posibilitar o aprendizaxe, capacitación e desenvolvemento das habilidades e actitudes que aumenten as competencias laborais.
- Favorecer o acceso a outros recursos de formación ou emprego.
- Contribuír a unha maior e máis efectiva participación na vida social, desenvolvendo a autonomía persoas e a mellora da autoestima.
- Estimular a adquisición de hábitos e destrezas nas relación interpersoais e na convivencia social o máis normalizada posible. Manter ou crear relacións afectivas.
- Favorecer o desfrute do maior nivel de saúde posible, habilitando hábitos de autocoidado, vida sa e evitación de situacións de risco.
A continuación tedes unha galería de fotografías dos traballos realizados.