Nova Unidade de Saúde Mental Infanto Xuvenil no Cunqueiro

Dentro do Plan de Saúde Mental de Galicia, o Sergas vén de implantar unha nova unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil no hospital Álvaro Cunqueiro. Este dispositivo se enmarca no Plan de Saúde Mental de Galicia, que contempla un incremento de recursos sanitarios para a área de Vigo, en especial os dedicados aos nenos e adolescentes.

Atención específica

Esta unidade de atención especializada para nenos e adolescentes (a segunda da área viguesa) conta cun equipo de cinco profesionais: dous psiquiatras, unha psicóloga, unha enfermeira especializada en saúde mental e un traballador social.

Coa pandemia rexistrouse un aumento nesta demanda, tanto ambulatoria como a través do Servizo de Urxencias, razón pola que o Sergas quere reforzar o servizo de Psiquiatría. Durante este período rexistrouse un aumento nesta demanda, tanto ambulatoria como a través do Servizo de Urxencias. Entre as consultas, as máis habituais están:  Trastorno por Déficit de Atención, Trastorno de Espectro Autista, trastornos de conduta, afectivos e da conduta alimentaria.

Nova unidade do sergas

Deixa unha resposta