Nenos e adolescentes na pandemia

Cos peches escolares e eventos cancelados, moitos adolescentes e nenos votan en falta eventos especiais ou rutinas esenciais como falar con amigos, participar na clase ou estar ao aire libre. Un evento traumático masivo como esta pandemia está deixando unha pegada entre os menores con secuelas psicolóxicas aínda por coñecer.

Ansiedade en alza

Enquisas recentes reflicten o aumento de síntomas depresivos e de ansiedade entre os escolares, logo de mes e medio de confinamento. Entre os españois, os pais refiren cambios nos hábitos dos nenos: máis comida, máis uso dos dispositivos electrónicos, menos exercicio…

A mocidade con psicopatoloxías previas e nenos con medidas de protección dos servizos sociais, que vivían en situacións desfavorables previas de pobreza, violencia intrafamiliar, depresión ou consumo de substancias, son os máis vulnerables. Igualmente un número importante de nenos e adolescentes tiveron que ser hospitalizados no servizo de saúde mental e tamén se detectou un aumento no número de tentativas suicidas por precipitación

Ainda que a ansiedade é unha función normal e saudable que nos alerta sobre ameazas e que nos axuda a tomar medidas para protexernos. Sentir ansiedade ao redor de COVID-19 é completamente comprensible. Por iso debemos crear hábitos que nos manteñan distraidos, nos alivien e nos axuden a atopar o equilibrio no día a día, como manternos informados, asegurándonos que utilizamos fontes fiables, facer tarefas, ver unha peli, ler ou xogar.

A decepción é normal

As perdas grandes e pequenas como eventos con amigos, pasatempos ou partidos é incriblemente decepcionante. Expresar e canalizar os sentimentos parece diferente para cada quen. Falar cos amigos e compartir emocións como forma de sentirse conectados nun momento no que non poden estar xuntos en persoa, pode axudar a superar estos momentos.

Haberá que estar atentos cando os síntomas e sentimentos negativos se prolongan moito no tempo, hai que consultar ao médico ou profesionais da saúde mental.

Máis información 

Deixa unha resposta