Mércores musicais

Os “Mércores Musicais” é unha experiencia enfocada ao autocoñecemento e ao crecemento persoal a través de diferentes técnicas. É unha terapia musical na que non é preciso saber tocar ningún instrumento nin ter ningún  coñecemento sobre música. É un espazo para coñecerse mellor, interactuar con outras persoas e pasalo ben.

Traballamos a expresividade, o ritmo, o compás, a modulación vocal, os aspectos significativos e representativos da canción e a parte sensitiva das melodías.

E por suposto, facemos as nosas  actuacións ao longo do ano.

Deixámosvos unha pista de audio cun dos nosos hits.