Xa temos o noso MERCADO DE NADAL MONTADO!!! na Praza de Reveriano Soutullo, ata o luns 24 de decembro.
Como todos os anos participamos na Feira de Nadal que organiza o concello. Pero o mal tempo da fin de semana e a choiva, levounos a deixar o noso posto. Como sabedes, a maioría dos nosos traballos son elaborados con cartón e papel, co que ao non contemplarse outro lugar para a celebración da feira, vímonos obrigados a recoller o material do noso stand.
Por iso, porque temos SUPERPODERES, e grazas a que nos cederon o local, temos todos os produtos artesáns na tenda de nadal: axendas, decoración, tazas, xabróns, álbumes, bisutería, bolsas impresas, libretas e fadas.
Abirmos os días: 18, 19, 20, 21, 22 e o luns 24.
O horario de apertura:
Mañá | 10:00 – 13:30 h. |
Tarde | 17:00 – 20:00 h. |
Agardámosvos a todos!