MENTALIZACCIÓN, blog do Comité En Primera Persona

Comité Gallego En Primera Persona de FEAFES Galicia acaba de presentar o seu novo blog “Mentalizacción”. Esta iniciativa ten como obxectivo compartir e difundir experiencias persoais, información sobre temas relacionados coa saúde mental e outros contidos que poidan ser de utilidade para as persoas con problemas de saúde mental. Unha web aberta á participación de calquera persoa. Podendo contribuír con algún testimonio, inquietude, vivencia ou información que poida ter interés para as persoas con problemas de saúde mental.

Creación do Comité Gallego en Primera Persona

Este foi constituído o pasado 2 de novembro de 2017 na sede de Santiago de Compostela de . Trátase dun órgano que dá voz ás persoas usuarias de FEAFES Galicia e as súas asociacións, conformando un marco para o diálogo e a posta en marcha de accións concretas que permitan avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con problemas de saúde mental.

O comité está formado actualmente por seis persoas pertencentes ás delegacións de FEAFES Coruña, Santiago, Lugo e Vigo, e tamén por dous representantes das asociacións Doa e Saúde Mental Ferrol. O Comité Galego en Primeira Persoa está representado no Comité Estatal en Primera Persona mediante a participación dunha das súas integrantes, o que permite que a información flúa a través das persoas usuarias entre os distintos niveis da entidade (confederación, federación e asociacións).

Deixa unha resposta