Memoria de Actividades da Asociación Lenda de Saúde Mental 2024

O ano 2024 foi un ano de cambios na asociación e nalgúns dos nosos programas. 

Implementáronse 2 programas novos: Conecta coa Vida e Urdideira.

O programa Conecta coa Vida cumpriu os obxectivos propostos de sensibilización, prevención e intervención da conducta suicida.  Atendemos a máis de 20 persoas neste programa e fixemos unha intervención comunitaria de prevención en 4 centros diferentes, alcanzando un total de 297 persoas.

Por outra banda, o Programa Urdideira ofreceu un servizo de intervención integral a persoas con diagnóstico de Tratorno de Personalidade, do que foron beneficiarias  20 persoas e co que se levaron a cabo diferentes accións de coordinación con outras entidades e a administración.

Melloránse os servizos de rehabilitación como o Centro Ocupacional (con 10 prazas concertadas coa Consellería de Política Social) e o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (con 45 prazas concertadas coa Consellería de Sanidade), aumentando as actividades relacionadas coa promoción da autonomía persoal e a adquisición de ferramentas dixitais, a través do Programa Alfabetic.

Mantivéronse programas como:

Información, Orientación e Apoio, indispensable para aportar información sobre os nosos recursos e os da contorna en saúde mental.

Os programas financiados a través do 0,7% do IRPF, como Ocio, Benestar e Saúde, Apoio e Soporte Integral e Reincorpora Social. A través destes programas atendemos a máis 80 persoas  e realizamos máis dun centro de actividades de ocio e tempo de lecer.

Este ano viaxamos a Cádiz e Ortigueira, 

Acompañamos a persoas no seu domicilio a través de programas como Atención Sociosanitaria, Residencial e Promoción da Autonomía e no centro penal a través do Programa PAIEM, no que no ano 2024 atendemos a 93 persoas no centro penal de A Lama.

Se queres ampliar información sobre as nosas actividades, pincha no seguinte enlace que te leva á Memoria de Lenda 2024.

https://drive.google.com/file/d/1tsSNLHClRSmmsZqkg6xKn3Tg99zvurHn/view?usp=drive_link

Deixa unha resposta