2019 foi un ano no que afianzamos e reforzamos tanto de contido como en recursos humanos, diferentes programas. Un exemplo é o Programa de Saúde Mental no Centro Penal de A Lama, no que incorporamos unha educadora.
Dentro do Servizo de Acción Social, iniciamos o programa Incorpora Saúde Mental, no que traballamos con dous obxectivos: acompañar no proceso de recuperación e reinserción social a persoas con enfermidade mental xudicializadas e formación dirixida a corpos de seguridade locais, un colectivo moi en contacto con persoas con problemas de saúde mental e con escasa formación neste eido.
No programa Respira Saúde mental gozamos este ano de numerosas actividades como a realización de rutas de sendeirismo, visitas a exposicións, visitas a diferentes cidades da nosa contorna, viaxes do IMSERSO, estancias de fin de semana, participación en actividades deportivas, e tivemos a sorte (unha pequena representación de Lenda) de estar presentes no concerto de James Rhodes en A Lama, onde fixemos entrega dun caderno personalizado que fixemos especialmente para el no Centro Ocupacional.
Dentro do Programa de Actividades Alternativas, máis concretamente na Revista A Voz de Lenda, queremos facer unha mención especial da visita á Fundación Penzol, onde fixemos entrega ao seu Presidente de todas as nosas revistas dende o número 0 para que queden incorporadas o seu arquivo considerado como un centro de consulta imprescindible para os investigadores da realidade histórica e actual galega.
Pero isto é só unha pequena mostra do que fixemos, se queres saber máis AQUÍ tes completa a nosa memoria de actividades do ano 2019.