Manicomio, unha historia real en cómic

manicomio, cómic autobiográfico

Manicomio é un relato en primeira persoa que mestura denuncia, divulgación e consolo. A historia de Clara, estudante de Historia de 19 anos, que mantén unha relación algo tormentosa con Pau, e que se ve alteradada cando aparecen os primeiros síntomas dun trastorno mental: insomnio, fatiga, falla de concentración, bloqueo emocional e medo. A crónica fala das complicacións que xorden tras non ter un diagnóstico axeitado, das barreiras sociais, do poder da mente e da atmósfera de confusión na que está inmersa.

insomnio

Cómic autobiográfico

Sen dúbida, a confusión é un aliado e un reto co que se enfronta esta banda deseñada, un tempo indeterminado no que se mesturan elementos reais e imaxinados. Os autores consiguen transmitir os sentimentos e a evolución da protagonista, a amenaza, a incomodidade, o caos, a cura e a esperanza.

Xevi Domínguez “Xevidom” (Vic, 1982)

En 2003, con Montse Batalla, funda un estudio de ilustración. En 2010, a súa historieta “Conviure”, con guión de Montse, recibe o premio de cómic Serra i Moret, e é nese momento cando a parella explora a posibilidade dunha novela gráfica a catro mans co título de Manicomio.

Montse Batalla (Ripoll, 1975)

Estudante de filoloxía, namorada da arte e entusiasta do románico, forma equipo creativo coa súa parella, Xevi Domínguez, no estudio de ilustración en Calldetenes. Manicomio é a súa primeira obra de entidade como guionista, un valiente exemplo de literatura autobiográfica onde relata as circunstancias que rodearon o seu ingreso nunha institución mental.

Manicomio. Una historia real

Guión: Montse Batalla

Debuxo: Xevidom

ISBN: 978-84-17442-29-3

Editorial: La Cúpula

Deixa unha resposta