A Asociación Lenda Saúde Mental únese á reivindicación da Plataforma del Tercer Sector, co fin de informar e sensibilizar ás empresas para que marquen “empresa solidaria” dedicada a fins sociais ao tributar polo Imposto de Sociedades. Baixo o lema “Más que nunca empreXas”, a Plataforma do Terceiro Sector pon en marcha a campaña de 2020 para sensibilizar ás empresas da importancia de marcar a casa destinada a fins sociais á hora de tributar o Imposto de Sociedades.
SALUD MENTAL ESPAÑA tamén se uniu a esta campaña e anima ás empresas para destinar o 0,7% destes impostos ao labor que desempeñan as ONG. Estes fondos non só son para atender directamente ás persoas, senón a proxectos sociais que permitan fortalecer á sociedade civil e ao tecido organizado que, dentro desta, traballa por xerar condicións de vida digna para as persoas, especialmente colectivos vulnerables, que pola pandemia están aumentando a un nivel exponencial.
A pandemia xerada polo coronavirus fixo que o número de persoas en situación vulnerable aumentase e que aquelas que xa o estaban, sexan aínda máis vulnerables. Entre elas, atópanse as persoas con problemas de saúde mental. Por iso, é fundamental o labor das ONG á hora de reconstruír o Estado do Benestar, que quedou moi danado polo coronavirus, tendo en conta os dereitos humanos e sociais.
Segundo os últimos datos (2018), os ingresos tributarios polo imposto sobre sociedades foron de 24.258 millóns de euros. Se a este importe se lle aplica o 0,7%, obteríamos un resultado de 173 millóns de euros, o máximo que se podería recadar se todas as empresas marcasen a casa Empresa Solidaria.
Tamén se está a sensibilizar tanto ás empresas como á sociedade da importancia da colaboración co Terceiro Sector, fomentando as alianzas e contribuíndo a unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.